jueves, 15 de febrero de 2018

Saída Extraescolar a Universidade de Santiago de Compostela

O pasado xoves, 8 de febrero, o Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 2º de Bacharelato unha saída á Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Programa A Ponte e no marco do Plan de Orientación Académico-Profesional.  Saímos a primeira hora da mañán para realizar un percorrido polas facultades que cada alumno estaba interesado en visitar. 

Con posterioridade, tivemos a oportunidade de xantar nun comedor universitario. Fixemos unha práctica complexa na máquina para poder obter un "recibo" e canxealo por un prato quente. 

Falamos con alumnos que están en diferentes modalidades de aloxamento: piso compartido, colexio maior e residencia universitaria. Respecto desta última modalidade visitamos as instalación de Monte da Condesa.  O alumnado valorou  positivamente os encontros cos nosos exalumnos pero, en especial, a charla que tivemos no Centro Superior de Hostelería durante a tarde. Da mán de exalumnos e representantes do centro, coñecimos toda a súa oferta educativa e as saídas laboráis dos mesmos.











viernes, 9 de febrero de 2018

Aberta convocatoria de estadias lingüísticas da Consellería de Educación.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria duplica este ano as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado ao convocar un total de 1400. No seguinte enlace podedes consultar a convocatoria:   https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180207/AnuncioG0164-230118-0002_gl.html ), 
As estadías non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino.
En concreto, para alumnado de ESO convócanse 940 prazas en réxime residencial na comunidade autónoma cunha duración de 1 a 2 semanas. A lingua na que se afondará a formación é o inglés. En bacharelato hai dispoñibles 460 prazas en réximen de familia or residencia, tanto en Galicia como no extranxeiro. 
Ponse en marcha unha actividade de integración de 4 semanas de duración para alumando de 1º de bacharelato ao inicio do curso 2018/19 en Canadá en réxime familiar, ofértanse 30 prazas. 
O prazo de solicitude estará aberto desde o 8 de febreiro ata o 7 de marzo, ambos os dous días incluídos. 
 As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta, no enlace web https://sede.xunta.es; seguindo as instrucións correspondentes da aplicación dispoñible a través da dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle –onde tamén se farán públicas as listaxes cos nomes do alumnado que se beneficiará das achegas–; ou presentando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta, por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para obter as bolsas, os candidatos e as candidatas terán que estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na comunidade autónoma de Galicia; ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2016/2017, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico. Para a actividade de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverá no inicio do curso 2018/19), ademais das condicións xa citadas, debe estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.
Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2016/17 e a renda per cápita da unidade familiar. Ademais, terase en conta o feito de pertencer a unha familia numerosa, contar cun membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez. Igualmente, o feito de non ter sido beneficiario dunha axuda destas características na convocatoria do ano pasado.

#NO SEAS ESTRELLA

Visualiza el video que os presentamos a continuación y responde a la siguiente preguntas:

1. Describe la situación que se refleja en el video.
2. Te sientes identificado con estos alumno@s.
3. Alguna vez has tenido un problema como consecuencia de alguna información que has publicado en tus redes sociales. ¿Qué ocurrió,?. ¿Cómo se solucionó?. ¿Qué aprendiste de esa situación?.
4. ¿Por qué crees que a las personas de tu edad les gusta publicar su vida en las redes sociales?.
5. ¿Se te ocurre alguna utilidad "en positivo" de las redes sociales?

jueves, 1 de febrero de 2018

ABAU 2018


Esta semana comenzamos proceso de información do alumnado de 2º de Bacharelato en relación a ABAU 2018. A continuación deíxovos un resumo do contido da charla. 

            A proba consta de dúas fases: xeral e específica.

            A fase xeral inclúe os seguintes exames: 

    Lingua Castelá e literatura
    Lingua Galega e Literatura
    Historia de España
    Lingua estranxeira II (inglés, francés, alemán, italiano ou portugués)
 Troncal de opción cursada: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas II, Latín II ou Fundamentos Arte lI.   (Esta materia pode ser utilizada tamén para subir nota na fase específica, sin necesidade de examinarse dúas veces)

            Tanto nesta parte como na específica os exames terán unha duración dunha hora e media. Teredes un descanso de 30 minutos entre eles. En cada un haberá dúas opcións e teredes que elixir unha. Importante que dediquedes cinco minutos a valorar cal delas pode ser máis beneficiosa para cada un de vós en función dos coñecementos que teñades.

            A fase específica, ainda que ten carácter voluntario, é importante que vos presentedes xa que na actualidade é dificil atopar estudos que non teñan limitación de prazas.  Poderás examinarte dun máximo de catro materias de 2º de bacharelato que sexan examinables e que non están incluídas na Fase Xeral. 
 
            En xeral, nos exames terás que respostar por escrito a unha serie de cuestións . Os profesores de cada materia examinable darán pautas para cumplimentar esas probas e modelos de exames.  

            Poderás realizar as probas en galego ou castelá (escolle a lingua coa que te atopes máis seguro e poidas expresarte correctamente e sen faltas de ortografía)  agás na proba de Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira.

CALENDARIO DAS PROBAS 2018

Convocatoria Ordinaria : 12, 13 e 14 de XUÑO (martes, mércores e xoves)
Convocatoria Extraordinaria: 12,13 e 14 de SETEMBRO

Rematadas as avaliacións de 2º de Bacharelato faremos entrega das cualificacións a última hora da tarde. Teredes dous días de reclamacións pero recordade que: 

!!!!LOGO DO PERIODO DE RECLAMACIÓN TEREDES QUE FORMALIZAR NA SECRETARÍA DO CENTRO A INSCRIPCIÓN PARA FACER ÁS ABAU (24,25 e 28 de Maio)!!!. Podedes pasar polo Departamento de Orientación se tedes dúbidas para cubrir os impresos pero basicamente teredes que sinalar o seguinte:
-Lingua Extranxeira
-Materia obrigatoria da vosa modalidade das que vos ides a examinar na Fase Xeral .
-Materias das que vos examinaredes na Fase Específica.

Nos impresos de solicitude para facer as probas deberedes de sinalar unha conta de correo electrónico que utilicedes habitualmente. Nos días seguintes á matricula, chegará a vosa conta unhas claves para darvos de alta no Programa Nerta (tedes un enlace para entrar na web da CIUG) que vos facilitará a solicitudes de prazas na Universidade así como as cualificacións obtidas no proceso selectivo ou a realización dalgunha reclamación.


            Para formalizar a matrícula, Alfonso, na Secretaria do Centro vos facilitará toda a información necesaria pero, en principio, tendo en conta as convocatorias anteriores precisaredes:
    Fotocopia do DNI ou Pasaporte
 Resgardo de ter aboado o prezo da matrícula. Pagarás menos se pertences unha familia numerosa ou os teus pais son persoal das Universidades Galegas.
    Impreso dos datos persoais e de matrícula.

            É importante que vos afagades a consultar de cando en vez a web da Comisión Interuniversitaria de Galicia. http://ciug.cesga.es/. Ahí aparecerá o calendario dos periodos de reclamación dos exámenes PAU, a data de publicación das cualificacións, etc.
No seguinte enlace tedes o calendario:


Coñecidas as cualificacións ou rematado o prazo de reclamacións sobre as probas chegarán ao centro educativo as "Tarxetas de Cualificación" e teredes que vir recollelas para formalizar a matrícula na Universidade.  

Na páxina da CIUGA podes atopar os enlaces para facer a matrícula online.


LUGARES DE CELEBRACIÓN

            Habitualmente o alumnado do noso centro realiza os exames na  Facultade de Informática da Universidade de A Coruña. Campus de Elviña.
Se en cursos anteriores asistichedes a actividade do Departamento de Orientación "Visita a UDC " de seguro saberedes recoñecer o edificio.


ALGUNHAS NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS:

    Recordade que deberedes estar con puntualidade na presentación  (habitualmente ás 9:00) con DNI ou pasaporte, bolígrafo de tinta azul ou negra e material axeitado para as probas de Debuxo e diccionarios de Latín ou Grego de ser o caso.
  Non está permitida a asistencia con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, agás calculadoras non programables. O incumprimento desta norma pode ser motivo de medida disciplinaria.
    No momento da presentación, o tribunal vos asignará un posto que deberedes  ocupar en todas as probas. (todos os do Miraflores estaredes na mema aula e estará un profesor do centro para darvos seguridade e tranquilidade).
   Facilitaranvos un xogo de adhesivos cun código de barras que será a vosa identificación. Non os podedes dobrar nin modificar de ningún xeito.
     Se algún membro do Tribunal vos pilla copiando ou utilizando medios telemáticos ou outros dispositivos electrónicos poderán expulsarvos e anular a proba de acceso completa.
    Ao inicio de cada proba entregarán a cada un de vos un caderno de exame con dúas follas A3 (8 páxinas de tamaño A4) e un adhesivo. Non arranques follas nin engadas. Poderás utilizar todas as follas para redactar agás a primeira.
      Se na Faxe Xeral non entregades algún exame, considerarán abandono do proceso por completo.
      Nunca deixedes o exame enriba da mesa; entregao a un membro do Tribunal. 


SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

 Cada exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.  A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.   A cualificación ten validez indefinida agás a da Fase Específica que caduca trala convocatoria 19/20. Superaredes a proba de acceso á universidade se tedes unha nota igual ou superior a cinco puntos como resultado da media ponderada do 60 por cen da nota media do bacharelato e o 40 por cen da cualificación da fase xeral, e sempre que obtivese un mínimo de catro puntos na cualificación da fase xeral.



            A nota media do bacharelato expresarase con dúas cifras decimais, arredondada á centésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.

            Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao nas que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades públicas empregarán para a adxudicación das prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte fórmula e se expresará con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.
            No caso de empate na nota de admisión, para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes que na Fase Xeral elixiran unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento da ensinanza á que se solicite acceder.

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2

NMB = Nota media do Bacharelato.
CFX = Cualificación da Fase Xeral.
M1, M2 = As dúas mellores cualificacións das materias da Fase Específica.
a, b = Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica.

            Os parámetros de ponderación (“a” ou “b”) das materias da fase específica serán os que aparecen nos anexos ou no seguinte enlace.

RECLAMACIÓNS
Sobre a cualificación outorgada de cada materia nos prazos establecidos podes solicitar:
   Reclamación
   Segunda corrección

Podes realizala a través da aplicación NERTA ou no LERD. 
LERD CORUÑA 
Pavillón de estudantes
Campus de Elviña
15192 A Coruña 
Tel: 981.167.196
Fax: 981.167.198
lerdcoruna@udc.es
Recorda as diferencias que sinalamos entre os dous procesos. 
A reclamación non implica riscos de baixada da nota na segunda corrección podería suceder iso. 

Solicita a Segunda corrección só se estades moi seguros de que hai un erro.  


PROCEDEMENTO DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

A solicitude de acceso poderá facerse a través do NERTA ou entregándoa cuberta no LERD.

Recorda: 

Único impreso, no que indicarás por orde de preferencia un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.
Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas esgotadas pola matrícula de xuño.

SE TE INTERESA FACER A PREINSCRIPCIÓN NUNHA UNIVERSIDADE FORA DE GALICIA PODE QUE TE INTERESEN OS SEGUINTES ENLACES

Aplicación do Ministerio de Educación QEDU (QUE ESTUDIAR Y DONDE EN LA UNIVERSIDAD)



Recoméndoche que entres na aplicación colgada no blog do Departamento de Orientación ORIENTA:






miércoles, 24 de enero de 2018

Saída extraescolar do Departamento de Orientación a visitar a Universidade de Santiago de Compostela

O vindeiro xoves 8 de Febreiro participaremos na actividade "Encontros no Campus de Santiago de Compostela". O alumnado terá que escoller un percorrido para visitar entre os que aparecen no seguinte cadro:

                PERCORRIDOS

1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación

2: Ciencias Económicas e Empresariais

3: Traballo Social e Ciencias da Educación (Mestres)

4:  Enfermaría e Medicina

5: Enfermaría  e Odontoloxía

6: Xeografía e Historia e Filosofía


PERCORRIDOS

7: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais       

8: Química e   Enxeñaría Química

9: Bioloxía e Farmacia                                   

10: Enxeñaría Informática e Matemáticas

11: Física e Matemáticas

12: Enxeñaría Informática e Física

13: Química e Física

14: Óptica e Optometría

15: Psicoloxía e Ciencias da Educación


        
Con posterioridade, tomaremos o xantar nun comedor universitario e teremos un encontro con exalumnos.  Visitaremos tamén a Residencia Universitaria “Monte da Condesa”.

No seguinte enlaces podes descargar a autorización.



martes, 23 de enero de 2018

Resultado da Campaña Send seeds, give love!!


A semana anterior ao Nadal impulsamos unha campaña de recollida de achegas económicas para mercar semillas e envialas a Guinea. O obxectivo era colabor coa ONG Miradas al Mundo que estaba a preparar uns terreos para facer unha horta nun dos pobos de Guinea onde impulsan as súas accións. Como en case todo, a Comunidade Educativa do IES Miraflores volcouse e se recaudaron fondos para mercar as semillas e catimploras.







As semillas chegaron a Guinea e no seguinte enlace podedes visualizar o agradecemento para o Miraflores, dalgunhas das mulleres que participan no proxecto.

VER VIDEO

lunes, 22 de enero de 2018

SE ACERCA EL DÍA DE LA PAZ


Desde 1964, para conmemorar la muerte de Gandhi, se celebra el 30 de enero el Día Escolar de la No Violencia y la Paz, reconocido por la UNESCO en 1993. 
En esta fecha se recuerda la necesidad de la educación para la solidaridad, el respeto hacia los demás, la no violencia y la tolerancia. Por ese motivo para la sesión de tutoría de esta semana os proponemos visualizar este cortometraje que precisamente lleva por título "Tolerancia". Esperamos que os guste y os ayude a reflexionar.





Ahora que habéis visto el corto, os propongo que os organizeis en grupos y respondais a las siguientes preguntas:

  • Resume que situación se refleja en la historia que acabas de ver. 

  • ¿Por qué podemos decir que los personajes no practican la tolerancia?. ¿Fué positivo para ellos no ser tolerantes teniendo en cuenta el desenlace de sus acciones?

  • Imaginate cosas que hubiesen podido suceder en el corto si ambos personajes fuesen tolerantes. 

  • ¿En qué situaciones de la vida diaria observas falta de "tolerancia"?. ¿Cómo se podrían resolver?



jueves, 11 de enero de 2018

Jornada de Orientación da Universidade CEU San Pablo


La Universidad CEU San Pablo celebrará en A Coruña una Jornada de Orientación dirigida a alumnos escolarizados en 4º de ESO y Bachillerato así como a padres y docentes. Se celebrará el próximo 20 de Enero en el Hotel Meliá Maria Pita a las 11:00. 

La temática a abordar será: 

Retos y las oportunidades a los que se enfrentan los alumnos en su primer paso a la hora de elegir una carrera universitaria.

Herramientas para facilitar la toma de decisión y que ésta sea lo más coherente con los intereses y aptitudes del alumnado.

Competencias y capacidades que demandan actualmente las empresas y el mercado laboral.

Para finalizar, alumnos y padres podrán resolver las dudas que puedan tener sobre la oferta académica en España.

¿Cómo apuntarse?

Los interesados podrán apuntarse a la Jornada de Orientación en el siguiente enlace: 

http://www.uspceu.com/futuro-alumno/jornada-orientacion-galicia?utm_source=emailorientadores&utm_medium=email&utm_campaign=jornadaorientacion-galicia>. 

miércoles, 18 de octubre de 2017

PRAEMO

PRAEMO é o Programa de reforzo e apoio educativo impulsado polo Concello de Oleiros.

Os obxectivos deste programa son:


  • Previr o fracaso escolar.
  • Reducir o absentismo
  • Apoiar ás familias na educacioón fóra do horario escolar. 
  • Apoiar ao alumnado no desenvolvemento dos estud
  • Promover as técnicas de estudo e reforzar aprendizaxes. 

Está dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria e comenzará na semana do 6 ao 10 de novembro. 

As sesións desenvólvense en diferentes zonas do Concello: Nos, Rialta, Perillo e Santa Cruz. Teñen unha duración de dúas horas semanais. 

No caso de Secundaria estos son os lugares e o horario: 

  • Centro Cívico de Sta. Cruz: Luns de 18:30 a 20:30.
  • Casa do Pobo de Nos: Xoves de 18:00 a 20:00.
  • Centro Social Rialta: Mércores de 18:00 a 20:00.
  • Casa da Cultura de Perillo: Venres de 18:00 a 20:00. 

A inscripción está aberta dende o día 16 de Outubro e rematará o 30 do mesmo mes. Podedes facelo por correo electrónico na dirección ensino@oleiros.org ou achegaros ao Edificio do Centro Cultural  A Fábrica en Santa Cristina. 



martes, 17 de octubre de 2017

A incorporación ao instituto. Algunhas consideracións para afrontar o cambio en familia

  

Hoxe recibimos ás familias de 1º da ESO. Unha alumna da materia de Psicoloxía de 2º de Bacharelato falará para todas elas, intentando facilitarlles pautas para axudar aos seus fillos no proceso de adaptación ao instituto e a unha nova etapa vital chamada "ADOLESCENCIA". Algúns dos puntos que trataremos: 


  1. Reaxuste de horarios. Non só nos tocará levantarse máis cedo senon que terá que axustar o seu horario para dedicarlle máis tempo ao traballo persoal na casa, tendo en conta que perseguimos acadar maiores niveis de autonomía. 
  2. Adaptacións a novos espacios xa que nos movemos de aula cada 50 minutos, a novos compañeiros, a profes con estilos educativos diversos ou a materias que nunca tiveron como o francés. 
  3. Presión dunha ensinanza que ten un carácter terminal, que nos prepara para seguir estudiando ou incorporarnos ao mundo laboral.
  4. Integración nun clima descoñecido sobre o que circulan "mitos"

Algúns cambios da ADOLESCENCIA



A nivel físico:

Os cambios son moi evidentes e irreversibles. Non poden elexilos e cando creían que xa se coñecían resulta que teñen que elaborar unha nova imaxe de si mesmos e interiorizala. Escoitaredes "non me gusto" "soy fea/o", etc
  • Ao mesmo tempo prodúcese un aunmento da competencia física que pode traducirse no interese polo deporte, por sentirse guapo/a e por achegarse aos cánones de beleza impostos na sociedade coa influencia dos medios de comunicación. 

A nivel psicolóxico: 
  • Haberá cambios de personalidade xurdindo en moitos casos inseguridade, sentimientos de inferioridade, enfados, egocentrismo...A súa resposta será pasar tempo na súa habitación, tumbarse na cama, mergullarse no mundo das novas tecnoloxías e das redes sociais.  
  • O seu referente xa non seredes os pais senón o grupo de iguais. Na pandilla, sentirase máis libre para facer as cousas que na casa non pode facer, atoparase con persoas cos mesmos gustos, intereses e problemas ca él/ela. A crítica aos pais e ao profesorado poden adquirir peso nas súas conversas pero tócanos a cada un facer o noso papel. 
  • Agruparanse por estilos,  gustos o intereses. Vestirán igual, falarán igual, ou escoitarán a mesma música, ...será a forma de reafirmarse e de alonxarse do mundo adulto. 

A nivel intelectual: 

Irán aumentando a súa capacidad de comprensión a todos os niveis e precisaredes argumentos e razóns de peso para convencelos de algo. 

Algunhas orientacións: 

  • A necesidade deles de ser independientes dos pais ou de manterse máis alonxados non implica que teñades que aparcar a vosa labor.  Os enfados co mundo, os sentimentos de seres incomprendidos, as actitudes de superioridade, no deben de alonxarnos do establecemento e cumprimento de normas, de exercer a autoridade de pais. 
  • Manter unha comunicación fluída escola-familia, a través de contactos co titor/a e se fora necesario co departamento de orientación. 

  • Realizar tarefas de "Acompañamento": Emocionalmente, trasmitíndolles que entendedes como se sinten, axudándolles no primeiro ano a organizar e planificar o seu tempo, proporcionándolles na medida do posible as condicións idoneas para estudar,...





sábado, 14 de octubre de 2017

Recordatorio Programa de Becas Fundación Amancio Ortega

O vindeiro 20 de Outubro, ás 13:00 remata o prazo para participar no Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega para solicitar cursar 1º de Bacharelato en Canadá ou EEUU. Os requisitos básicos son:


  • Cursar 4º da ESO. 
  • Ter unha media superior a 7 en 3º da ESO. 
  • Mínimo de 8 na materia de Inglés. 


lunes, 9 de octubre de 2017

ORIENTA MIRAFLORES

No seguinte enlace podes buscar calquera información sobre oferta educativa non só na nosa comunidade, tamén en calquera outra. Anímate a facer un dos cuestionarios profesionáis para iniciar o teu proceso de autorientación.

ORIENTA MIRAFLORES

lunes, 4 de septiembre de 2017

Admisión en Formación Profesional Inicial

Ata o día 12 de setembro estará aberto o prazo de admisión a Formación Profesional Inicial.

CALENDARIO

Recorda que debes de presentar unha única solicitude no centro de Formación Profesional no que esteas máis interesado. Xunto coa solicitude que podes descargar AQUI terás que levar a documentación que te proporcionaremos no instituto.

Podes ver a oferta de ciclos iniciais no seguinte enlace:

OFERTA 17/18

Prazo extraordinario de acceso a Formación Profesional

Ata o día 8 de setembro, ás 13:00, estará aberto o prazo extraordinario para solicitar praza nos ciclos formativos de grao medio e superior. No seguinte enlace podes atopar un listado orientativo sobre as prazas que neste momento están dispoñibles nas distintas modalidades ordinaria e adultos (presencial e a distancia).

PRAZAS DISPOÑIBLES


viernes, 25 de agosto de 2017

Becas obtención carnet de conducir Fundación MAPFRE 2017

A obtención do carnet de conducir é fundamental para insertarse no mundo Laboral. Se eres "gamer", tes entre 18 e 20 anos, estás desempregado e vives no domicilio familiar tes a oportunidade de xogar para obter unha das becas de 500 Euros que a Fundación MAPFRE convoca para xóvenes con excasos recursos económicos.

Non dubides en consultar as bases da convocatoria.

BASES