lunes, 27 de diciembre de 2010

Ciclos formativos de Grao Medio


Trátase dunha vía educativa de caracter profesional dunhas 2.000 horas de duración, distribuídas xeralmente nun par de cursos, con materias específicas da profesión elixida e de contido de aplicación práctica.
 
Como podes acceder?

  • Se tes o Título de Graduado en ESO. 
  • Mediante proba de acceso: se tes 17 anos ou os cumples no ano no que se realizan as probas. Para este tipo de acceso só se reserva o 20% das prazas. Ten en conta que a superación da proba non é igual que obter o título de Graduado. Superar esta proba significa que eres apto para cursar formación profesional.

Contidos da proba: Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais da E.S.O e valoraranse os coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudios.
Esta proba constará de tres partes:

  • Parte de contidos de tipo sociocultural, Materias: Galego, Castelán e CC. Sociais.
  • Parte Matemática.
  • Parte de contidos de carácter científico-tecnolóxico, Materias: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.
O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de "Técnico" na correspondente profesión.Con este título poderás incorporarte ao mundo laboral o seguir estudiando bacharelato. Recorda que non hai acceso directo dos ciclos formativos de grao medio aos de grao superior.

Nos folletos informativos que edita a Consellería de Educación podes consultar todas as titulacións agrupadas en familias profesionais e as materias (módulos) que a compoñen. 
Preme aquí.

Toda a información da FP atoparala en http://www.edu.xunta.es/fp/Oferta de ciclos formativos:  http://www.edu.xunta.es/fp/oferta.htm

domingo, 26 de diciembre de 2010

PLAN DEL DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2010/2011

Pica aquí se queres consultar o Plan de actividades do Departamento de Orientación.

Programas de Cualificación Profesional Inicial PCPIs


En ocasións, as medidas preventivas ordinarias e extraordinarias tales como o reforzo, o apoio educativo, as adaptacións ou os agrupamentos resultan insuficientes e pouco axeitadas para un grupo de alumnos/as, que polas súas características ou circunstancias precisan dunha axuda de carácter mais especifico. Algúns deles, pola desmotivación cara a institución escolar e aos programas que ofrece, non chegan a poder ter a posibilidade de poder cursar un Programa de Diversificación Curricular que, en todo caso, non deixaria de ser nalgúns casos “un pouco mais do mesmo”.
O sistema educativo actual ofrécenos unha vía educativa, ainda que de perfil profesional, que pode dar resposta as necesidades deste grupo de alumnos. Por este motivo, o IES MIRAFLORES, considerou a posibilidade de impartilo no presente curso escolar, na Modalidade "Programa Mixto da Modalidade C" que combina a escolarización no centro educativo coa aprendizaxe profesional nunha empresa. 


As finalidades principais da implantación do Programa no centro serían:
  • Previr o abandono escolar .
  • Axustar as respostas educativas do centro as características, necesidades e intereses de todo o noso alumnado.
  • Ofertarlle a un grupo de alumnos en desventaxe persoal ou social por diversas circuntancias, unha medida extraordinaria que lles permita desenvolverse nas diversas facetas da súa vida, incluida a laboral.
Os obxectivos que se pretenden acadar respecto ao alumnado son:
  • Proporcionarlles competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de Nivel 1 da estructura do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
  • Dotalos de recursos e dunha formación mínima para que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria.
  • Ampliar a súas competencias básicas de maneira que poidan pasar a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou intenten acadar o título de Graduado en Secundaria Obrigatoria. En todo caso, intentase que o alumnado siga formándose.

Formación no centro educativo 14 sesións, luns e martes:

Módulo de Competencia Comunicativa e Dixital: 4 sesións
Módulo de sociedade e cidadanía: 3 sesións.
Módulo científico-matemático: 4 sesións.
Módulo de iniciativa persoal e relacións laborais: 2 sesións.
Actividades de titoría ou orientación: 1 sesión. 

Formación Específica na empresa, 3 días da semana realizando 18 sesións.
Nas vindeiras semanas o alumnado que temos cursando este programa irá presentándovos as empresas onde realizan a formación práctica. 

QUE SON OS PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR?


A diversificación curricular é unha forma excepcional e distinta de cursar 3º e 4º de ESO. Supón un cambio na metodoloxía de ensino a favor daqueles alumnos/as, que por causas diversas, se atopan con dificultades para ir superando a ESO. Para elo organízase un grupo de máximo 10 alumnos/as aos cales se lle ofrecen axudas especiais para poder superar todas as materias.O obxectivo final é que se acade o título deGraduado en Educación Secundaria.

Requisitos que debe de cumprir o alumnado: 

Ademais das dificultades para ir superando a ESO:

1º Que o alumno esté cursando 2º de ESO e xa repetira alomenos 1 vez. Ou que cursando 3º de ESO non se atope en condicións de promocionar ao seguinte curso.
2º Que o alumno/a se atope con dificultades, que poden ser debidas a moitos factores, como atraso escolar, falta de base, ritmo de aprendizaxe máis lento, mala organización do estudo, falta de adaptación á metodoloxía xeral da clase, etc.
3º Que, a pesares destas dificultades, o alumno/a teña a capacidade necesaria e teña desenvolvidas certas aprendizaxes imprescindibles para acadar o título de ESO nestes programas.
4º Que o alumno mostre, na clase, motivación, responsabilidade, esforzo personal e unha actitude positiva necesaria para seguir aprendendo.
5º Que o alumno/a teña desexos de acadar o Graduado en Educación Secundaria.

!!!!!O alumnado que entra nestes programas teñen capacidade suficiente para acadar o título, non son menos intelixentes que os demáis, só precisan unha atención máis individual por parte do profesorado, mais tempo para acadar os obxectivos ou mais traballo!!!!.
 
Unha vez que se entra no programa o alumno/a debe:
  • Asistir sempre ás clases.
  • Realizar todas as tarefas lectivas propostas.
  • Estudar todos os días.
  • Levar sempre os materias ás clases.
  • Pedir axuda cando o necesites, cando non entendas, cando te perdas nas explicacións.
  • Colaborar cos compañeiros.
  • Demostrar un comportamento na clase, co profesorado e cos compañeiros, inmellorable.
Principais cambios:
  1. Hai unha organización distinta das áreas e materias, por exemplo, algunhasáreas reagrúpanse nunha sóa. Estúdiase o fundamental, o máis práctico e útil.
  1. Contamos cun grupo reducido de alumnos/as que permite proporcionar unha mellor atención. 

O Programa pode ser de un ano ou de dous.

  • Programa de 2 anos (3º e 4º de ESO): Para os alumnos que proceden de 2º ou que fixeron 3º unha soa vez.
  • Programa de 1 ano (4º de ESO): Para os alumnos que repetiron 3º de ESO ou están facendo 4º por primeira vez.
Para ver materias, criterios de titulación, plan de acción titorial, etc podes consultar o documento base do centro incorporado noutra entrada do blog.

Que saída ten o alumnado ao remate do programa:

Se o alumno/a puso empeño e consigue acadar o título da ESO, ten as mesmas opcións que se cursas a ESO pola vía ordinaria:
  • Acceder ó mundo laboral.
  • Acceder a un ciclo formativo de grao medio.
  • Acceder a calquera modalidade de bacharelato.
O título acadado por esta vía é IGUAL que o título acadado pola vía ordinaria pero recorda que ao dar os contidos con menor profundidade estará menos preparado para cursar un bacharelato.


Ventaxas destes programas:
  • Pode resultar máis doado porque hai menos asignaturas.
  • Pode resultar máis doado porque se estuda só o fundamental de cada área.
  • Pode resultar máis doado porque é un grupo reducido de alumnos e hai máis oportunidade de resolver as dúbidas.
  • Hai menos profesores e poden chegar a coñecer e comprender mellor as necesidades de cada alumno/a.
  • Ao ser poucos alumnos o titor pode ocuparse mellor de que tódolos profesores do grupo teñan en conta as necesidades de cada alumno/a.
  • As clases poden ser máis motivantes porque se realizan actividades máis diversas e o traballo diario se ten máis en conta que os examens.
  • Ao rematar obtense o mesmo título que cursando a vía ordinaria.

Inconvintes:

  • Podes estar algo menos preparado para cursar despois un bacharelato.
  • Hai máis traballo diario e estás máis “controlado” polos profesores. Aquí non pasarás desapercibido, tódolos días tes que demostrar que te esforzas.
  • Para cursar este programa tes que separte dos teus compañeiros de sempre e ao principio podes sentirte pouco integrado.
  • Debes esforzarte ao máximo, levar a cabo un estudo diario e facer sempre tódalas tarefas. Non chega con aprobar os exames.
  • Non é seguro que poidas obter o título (terás que aprobar tódalas materias igual que na vía ordinaria).
Podes deixar no apartado de "Comentarios" as túas dúbidas e consultas.




DOCUMENTO BASE DO PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN DO CENTRO

Se queres ver o Documento Base do Programa de Diversificación Curricular do IES Miraflores pica aquí.

DOCUMENTO INFORMATIVO SOBRE AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS DE 2º ESO


¿Que son os agrupamentos específicos?

Medida educativa que ten como obxectivo fundamental garantir o éxito escolar do alumnado e, a longo prazo, favorecer a obtención do título de “Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria”.

¿En que consisten?

En desdobrar os grupos nalgunhas materias. Deste xeito o alumnado pode recibir unha atención personalizada. En todo caso, o alumnado terá que alcanzar os obxectivos fixados para cada materia.

¿Como seleccionamos ó alumnado?

Nas sesións de avaliación o profesorado de 1º e 2º da E.S.O. propuxeron alumnos/as que cumpriran algunhas das seguintes condicións xerais:

  • Demostrar unha actitude positiva e un comportamento adecuado nas clases.

  • Alumnos que demostren capacidade de traballo pero os resultados académicos non se corresponde co esforzo que realizan.

  • Demostrar capacide de remontar e superar as dificultades.

  • Ter vividas situacións problemáticas a nivel persoal ou familiar.

  • Ter repetido xa 1º da ESO ou ter que permanecer un curso mais en 2º.

Outros aspectos de interese:

Os libros de texto son os mesmos, aínda que o profesorado valorará a necesidade de repasar contidos anteriores se fose necesario para afrontar os novos.

Son agrupamentos flexibles o que implica que un alumno/a pode ser enviado o outro subgrupo por demostrar unha actitude pouco correcta o porque avanzou o suficiente para poder ter éxito sin unha atención tan individualizada.