lunes, 27 de diciembre de 2010

Ciclos formativos de Grao Medio


Trátase dunha vía educativa de caracter profesional dunhas 2.000 horas de duración, distribuídas xeralmente nun par de cursos, con materias específicas da profesión elixida e de contido de aplicación práctica.
 
Como podes acceder?

  • Se tes o Título de Graduado en ESO. 
  • Mediante proba de acceso: se tes 17 anos ou os cumples no ano no que se realizan as probas. Para este tipo de acceso só se reserva o 20% das prazas. Ten en conta que a superación da proba non é igual que obter o título de Graduado. Superar esta proba significa que eres apto para cursar formación profesional.

Contidos da proba: Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais da E.S.O e valoraranse os coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudios.
Esta proba constará de tres partes:

  • Parte de contidos de tipo sociocultural, Materias: Galego, Castelán e CC. Sociais.
  • Parte Matemática.
  • Parte de contidos de carácter científico-tecnolóxico, Materias: Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.
O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de "Técnico" na correspondente profesión.Con este título poderás incorporarte ao mundo laboral o seguir estudiando bacharelato. Recorda que non hai acceso directo dos ciclos formativos de grao medio aos de grao superior.

Nos folletos informativos que edita a Consellería de Educación podes consultar todas as titulacións agrupadas en familias profesionais e as materias (módulos) que a compoñen. 
Preme aquí.

Toda a información da FP atoparala en http://www.edu.xunta.es/fp/Oferta de ciclos formativos:  http://www.edu.xunta.es/fp/oferta.htm

No hay comentarios: