domingo, 26 de diciembre de 2010

Programas de Cualificación Profesional Inicial PCPIs


En ocasións, as medidas preventivas ordinarias e extraordinarias tales como o reforzo, o apoio educativo, as adaptacións ou os agrupamentos resultan insuficientes e pouco axeitadas para un grupo de alumnos/as, que polas súas características ou circunstancias precisan dunha axuda de carácter mais especifico. Algúns deles, pola desmotivación cara a institución escolar e aos programas que ofrece, non chegan a poder ter a posibilidade de poder cursar un Programa de Diversificación Curricular que, en todo caso, non deixaria de ser nalgúns casos “un pouco mais do mesmo”.
O sistema educativo actual ofrécenos unha vía educativa, ainda que de perfil profesional, que pode dar resposta as necesidades deste grupo de alumnos. Por este motivo, o IES MIRAFLORES, considerou a posibilidade de impartilo no presente curso escolar, na Modalidade "Programa Mixto da Modalidade C" que combina a escolarización no centro educativo coa aprendizaxe profesional nunha empresa. 


As finalidades principais da implantación do Programa no centro serían:
  • Previr o abandono escolar .
  • Axustar as respostas educativas do centro as características, necesidades e intereses de todo o noso alumnado.
  • Ofertarlle a un grupo de alumnos en desventaxe persoal ou social por diversas circuntancias, unha medida extraordinaria que lles permita desenvolverse nas diversas facetas da súa vida, incluida a laboral.
Os obxectivos que se pretenden acadar respecto ao alumnado son:
  • Proporcionarlles competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de Nivel 1 da estructura do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
  • Dotalos de recursos e dunha formación mínima para que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria.
  • Ampliar a súas competencias básicas de maneira que poidan pasar a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou intenten acadar o título de Graduado en Secundaria Obrigatoria. En todo caso, intentase que o alumnado siga formándose.

Formación no centro educativo 14 sesións, luns e martes:

Módulo de Competencia Comunicativa e Dixital: 4 sesións
Módulo de sociedade e cidadanía: 3 sesións.
Módulo científico-matemático: 4 sesións.
Módulo de iniciativa persoal e relacións laborais: 2 sesións.
Actividades de titoría ou orientación: 1 sesión. 

Formación Específica na empresa, 3 días da semana realizando 18 sesións.
Nas vindeiras semanas o alumnado que temos cursando este programa irá presentándovos as empresas onde realizan a formación práctica. 

No hay comentarios: