domingo, 26 de diciembre de 2010

QUE SON OS PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR?


A diversificación curricular é unha forma excepcional e distinta de cursar 3º e 4º de ESO. Supón un cambio na metodoloxía de ensino a favor daqueles alumnos/as, que por causas diversas, se atopan con dificultades para ir superando a ESO. Para elo organízase un grupo de máximo 10 alumnos/as aos cales se lle ofrecen axudas especiais para poder superar todas as materias.O obxectivo final é que se acade o título deGraduado en Educación Secundaria.

Requisitos que debe de cumprir o alumnado: 

Ademais das dificultades para ir superando a ESO:

1º Que o alumno esté cursando 2º de ESO e xa repetira alomenos 1 vez. Ou que cursando 3º de ESO non se atope en condicións de promocionar ao seguinte curso.
2º Que o alumno/a se atope con dificultades, que poden ser debidas a moitos factores, como atraso escolar, falta de base, ritmo de aprendizaxe máis lento, mala organización do estudo, falta de adaptación á metodoloxía xeral da clase, etc.
3º Que, a pesares destas dificultades, o alumno/a teña a capacidade necesaria e teña desenvolvidas certas aprendizaxes imprescindibles para acadar o título de ESO nestes programas.
4º Que o alumno mostre, na clase, motivación, responsabilidade, esforzo personal e unha actitude positiva necesaria para seguir aprendendo.
5º Que o alumno/a teña desexos de acadar o Graduado en Educación Secundaria.

!!!!!O alumnado que entra nestes programas teñen capacidade suficiente para acadar o título, non son menos intelixentes que os demáis, só precisan unha atención máis individual por parte do profesorado, mais tempo para acadar os obxectivos ou mais traballo!!!!.
 
Unha vez que se entra no programa o alumno/a debe:
  • Asistir sempre ás clases.
  • Realizar todas as tarefas lectivas propostas.
  • Estudar todos os días.
  • Levar sempre os materias ás clases.
  • Pedir axuda cando o necesites, cando non entendas, cando te perdas nas explicacións.
  • Colaborar cos compañeiros.
  • Demostrar un comportamento na clase, co profesorado e cos compañeiros, inmellorable.
Principais cambios:
  1. Hai unha organización distinta das áreas e materias, por exemplo, algunhasáreas reagrúpanse nunha sóa. Estúdiase o fundamental, o máis práctico e útil.
  1. Contamos cun grupo reducido de alumnos/as que permite proporcionar unha mellor atención. 

O Programa pode ser de un ano ou de dous.

  • Programa de 2 anos (3º e 4º de ESO): Para os alumnos que proceden de 2º ou que fixeron 3º unha soa vez.
  • Programa de 1 ano (4º de ESO): Para os alumnos que repetiron 3º de ESO ou están facendo 4º por primeira vez.
Para ver materias, criterios de titulación, plan de acción titorial, etc podes consultar o documento base do centro incorporado noutra entrada do blog.

Que saída ten o alumnado ao remate do programa:

Se o alumno/a puso empeño e consigue acadar o título da ESO, ten as mesmas opcións que se cursas a ESO pola vía ordinaria:
  • Acceder ó mundo laboral.
  • Acceder a un ciclo formativo de grao medio.
  • Acceder a calquera modalidade de bacharelato.
O título acadado por esta vía é IGUAL que o título acadado pola vía ordinaria pero recorda que ao dar os contidos con menor profundidade estará menos preparado para cursar un bacharelato.


Ventaxas destes programas:
  • Pode resultar máis doado porque hai menos asignaturas.
  • Pode resultar máis doado porque se estuda só o fundamental de cada área.
  • Pode resultar máis doado porque é un grupo reducido de alumnos e hai máis oportunidade de resolver as dúbidas.
  • Hai menos profesores e poden chegar a coñecer e comprender mellor as necesidades de cada alumno/a.
  • Ao ser poucos alumnos o titor pode ocuparse mellor de que tódolos profesores do grupo teñan en conta as necesidades de cada alumno/a.
  • As clases poden ser máis motivantes porque se realizan actividades máis diversas e o traballo diario se ten máis en conta que os examens.
  • Ao rematar obtense o mesmo título que cursando a vía ordinaria.

Inconvintes:

  • Podes estar algo menos preparado para cursar despois un bacharelato.
  • Hai máis traballo diario e estás máis “controlado” polos profesores. Aquí non pasarás desapercibido, tódolos días tes que demostrar que te esforzas.
  • Para cursar este programa tes que separte dos teus compañeiros de sempre e ao principio podes sentirte pouco integrado.
  • Debes esforzarte ao máximo, levar a cabo un estudo diario e facer sempre tódalas tarefas. Non chega con aprobar os exames.
  • Non é seguro que poidas obter o título (terás que aprobar tódalas materias igual que na vía ordinaria).
Podes deixar no apartado de "Comentarios" as túas dúbidas e consultas.




No hay comentarios: