sábado, 8 de enero de 2011

Aspectos xerais do Bacharelato LOE

Trátase dunha etapa educativa non obligatoria, cunha duración de 2 cursos. A súa finalidade é orientar e preparar para estudos e formación posterior: Universidade, Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional , de Ensinanzas Deportivas ou Artísticas Superiores.

As modalidades do BAC son:
  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • Ciencias e Tecnoloxía 
  • Artes
As dúas primeiras impártense no IES Miraflores.

Coa finalidade de que o alumnado poida orientar a súa formación cara aos estudos desexados, faise unha distribución das materias en tres tipos:

Comúns a tódalas modalidades. 
Propias de cada modalidade. Cursaranse 3 en 1º curso e outras 3 en 2º curso. Algunhas materias propias hai que cursalas de xeito obrigatorio.
Optativas, unha materia en cada curso.

Para a PROMOCIÓN ao 2º curso será necesario ter superadas todas as materias cursadas ou ter avaliación negativa como máximo en 2 materias. Se o alumnado promociona con materias suspensas, deberá cursalas ao longo do 2º curso.

A PERMANENCIA un ano máis nun mesmo curso:
  • A permanencia máxima en réxime de escolarización ordinaria é de 4 cursos académicos
  • O alumno que non consiga a promoción ao 2º curso deberá permancer un ano máis no 1º e cursalo de novo na súa totalidade se o número de materias suspensas é superior a 4. (Este é un acordo do Claustro do centro que se pode renovar cadfa curso)
  • O alumno que non consega promocionar a 2º curso e teña 3 ou 4 materias suspensas pode optar por:
    • Repetir o curso na súa totalidade
    • Cursar as materias suspensas e completar con 2 ou 3 de 2º curso que non coincidan no seu horario coas de 1º suspensas. Estas materias de 2º non poden ser progresivas ou que requiran coñecementos previos (p.e.: Física de 1º e Física de 2º)
    • O alumnado que ao finalizar o 2º curso teña avaliación negativa nalgunha materia, poderá matricularse destas sen necesidade de cursar de novo as materias aprobadas.

É moi importante elixir a modalidade e o itinerario que mellor se adapte á formación que se pense levar a cabo no futuro. Por esta razón, deberedes ter en conta as aptitudes, habilidades, intereses presentes e futuros. Podes atopar a vinculación entre as modalidades de Bacharelato e os diversos estudos superiores  (universitarios ou de fp) na páxina web da ciuga ou consultando as guías de orientación do departamento


No hay comentarios: