domingo, 23 de enero de 2011

MAÑÁ COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Xa saiu publicada a resolucción pola que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Precisamente mañá, día 24 de xaneiro comeza o prazo para inscribirse nas de grao superior ata o 4 de febreiro.

En http://www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm podes atopar toda a información necesaria

A publicación da listaxe provisoria de persoas inscritas sairá o 9 de febreiro e nos días posteriores comezará o periodo de reclamación (10,11,14 e 15 de febreiro). A publicación da listaxe definitiva de persoas inscritas será o 17 de febreiro.



Na páxina edu.xunta.es/fp tamén podes atopar os criterios de avaliación así como modelos de exames doutras convocatorias que te poden servir para facerte unha idea antes do 2 de ABRIL, data de celebración da proba.


Podes recoller no Departamento de Orientación un resumo de toda a información necesaria.

No hay comentarios: