sábado, 8 de enero de 2011

Unha aportación da profe Maria Xosé

ACTIVIDADE CON COQUE E JUANJO
O día 3 de novembro de 2010 realizamos unha actividade no instituto cunha persoa que ten parálise cerebral, María José Díez Seoane, chamada familiarmente Coque, e que hoxe en día está a traballar como programadora informática. A actividade desenvolveuse cos grupos de 4º, 3ºD e 2ºA da ESO. A esta actividade asistiu o irmán de Coque, Juán José Díez Seoane, que nos deleitou tocando algunha peza co violonchelo ademais de participar nas intervencións na aula, explicou como viviu ao lado dela e fixo ver que cunha persoa así, con forza de vontade, día a día se crece.
É un exemplo para que o alumnado vexa que grazas á forza de vontade se consegue o que se quere, se se loita. O tema fundamental traballado foi este. En realidade tratábase de que o alumnado lle realizase a Coque preguntas sobre o seu desenvolvemento na vida persoal, académica e profesional. Realizouse a actividade de maneira que enlazase coa materia da aula, correspondente a cada grupo (e diferentes), e con temas transversais que dalgún xeito fluían na actividade, entre outros: a importancia da empatía, do esforzo en comunicarse coas demais persoas, o valor da loita, este dato pretendeuse inculcar reiteradas veces, a idea de que é importante esforzarse para conseguir as cousas. É interesante que todo o alumnado o teña presente, mais en 4º finalizan unha etapa e esta actividade serve para infundirlles optimismo e esperanza, de feito Coque comentoulles especialmente nos grupos de 4º que se esforzasen e que coitasen, dato no que apoiamos a súa presenza na aula.
A valoración da actividade por parte do alumnado foi positiva. As actividades que se realizaron e que se están a desenvolver actualmente grazas a todo isto son:
En 4º e 3º D: realización de redaccións sobre a valoración da actividade e proposta daqueles aspectos que lles parezan interesantes para mellorar a vida con estas persoas na sociedade.
En 2º A: realización de actividades de redacción (contos, reportaxes, teatro, cartas, postais de Nadal), deixamos que a creatividade do alumnado faga que agradezamos a visita de Coque ao centro e que traballemos a materia enlazando cos temas transversais, como dixemos.
Finalizamos a intervención cunha dedicatoria de acompañamento da música do violonchelo e da poética a cada un deles, a Coque e a Juanjo.
Realmente foi unha actividade que aproveitamos e da que seguimos desfrutando e que nos serve como exemplo nas aulas. Ademais funciona estupendamente para levar a cabo a concienciación de que debemos de vivir no respecto e na educación á diversidade.

9 comentarios:

Mary y Katty dijo...

Que genial fue ese día.

Mary y Katty dijo...

Gracias por visitarnos Coque,nos lo pasamos muy bien con tu visita :D

Anónimo dijo...

coque somos unas alumnas de 2º A te deseamos lo mejor y no nos importaria que volvieras a vernos , si te parece bien , tanto nosotros como nuestra profesora,a la vez que tu amiga , te mandamos muchos besos...

Sofia y Ana dijo...

La actividad estuvo muy interesante y nos sirvio para aprender por que hay que luchar y el afan de superacion que tienen algunas personas con problemas, admiramos mucho a Coque y esperamos que siga así.


Saludos( IES miraflores )

Anónimo dijo...

pasamolo moi ben ese dia pero eu EMOCIONEIME moito!!!! BSS COQUE

Anónimo dijo...

nos encantaría que volvieras Coque,nos lo pasamos muy bien esa mañana.

Anónimo dijo...

me lo pase muy bien esa mañana,nos encantaria que Coque volviera.

Antía dijo...

Nos lo pasamos muy bien con tu visita a nuestro colegio, y nos gustaría que volvieras. Recibimos tu carta, nos gustó mucho, y queremos darte las gracias.

Anónimo dijo...

Queremos que nos visites de nuevo!