domingo, 13 de febrero de 2011

Aviso do Departamento de Galego


Desde o departamento de Lingua Galega e Literatura queremos informar que o día 26 de febreiro, sábado, ás 20:30 h, no Auditorio Gabriel García Márquez, teremos a posibilidade de ver e escoitar un MONÓLOGO escénico-narrativo sobre o libro Memorias dun neno labrego do autor X. Neira Vilas.
Memorias dun neno labrego é unha obra senlleira, a máis coñecida, vendida e traducida da nosa literatura. Esta historia do neno labrego e emigrante enraiza con acerto no imaxinario social, económico, literario e mítico do pobo galego e desde aí se entende o seu éxito. Neste ano 2011 conmemórase o 50 aniversario da súa publicación
Por todo iso, animamos a todos a asistir a súa representación:
Lugar: auditorio de Mera, Gabriel García Márquez,
Día 26 de febreiro, sábado, ás 20:30 h. O prezo da entrada 2,50 euros.


No hay comentarios: