miércoles, 23 de febrero de 2011

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O vindeiro luns, 28 de febreiro, comeza o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio.

Os requisitos para presentarse son:
  • Ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano de realización da proba.  
A proba que se celebrará o 3 de xuño de 2011, constará de diversas partes:

  • Sociolingüística: probas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Sociais. 
  • Matemática: un examen de Matemáticas.
  • Científico-técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía.  
A superación desta proba implica que o alumno/a é APTO para cursar Formación Profesional de Grao Medio e permítelle optar ao 20% das prazas que se ofertas nos ciclos. En todo caso, a superación da proba non implica que o alumno/a teña o Título de Graduado.

O PRAZO REMATA O 11 de MARZO!!.

A inscrición realizarase en calquera centro que imparta ensinanzas de Formación  Profesional presentando a folla de inscrición e copia compulsado do DNI. A presentación a esta proba é gratuíta.

RECORDA QUE PODE SER UNHA OPCIÓN MÁIS DE NON TER CLARO QUE PODES OBTER O TÍTULO DE GRADUADO.

No hay comentarios: