viernes, 25 de febrero de 2011

Xornadas sobre Seguridade na Rede


O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, organiza unhas xornadas sobre Seguridade na rede, que terán lugar no Centro Cultural A Fábrica os días 17, 24 e 31 de marzo ás 20.30 h.

As novas tecnoloxías, presentes no noso día a día, evolucionan a un ritmo vertixinoso, o que provoca que non todos accedan a esas novas tecnoloxías e novidades á mesma velocidade nin se adaptan igual. Os rapaces e as rapazas adáptanse máis rápido e mellor a estes cambios que as persoas adultas, porén a mocidade carece de experiencia e madurez para detectar os perigos que se poden atopar pola rede.

As xornadas impartidas por formadores da Garda Civil, están dirixidas a todos os pais e nais así como aos veciños interesados no uso das novas tecnoloxías e na prevención dos riscos producidos polo uso inadecuado de internet. Para navegar por internet non é necesario ter coñecementos de informática, é moito máis importante ter sentido común.

Ao longo das xornadas falaremos e detallaremos unha serie de normas de seguridade que cómpre ter en conta no uso diario do noso ordenador, e sobre todo no uso por parte dos 
máis novos. Xunto a isto, trataremos a necesidade de transmitirlles aos máis novos que internet non só é unha ferramenta de ocio senón que ten innumerables posibilidades, fomentando así as súas virtudes e previlos dos seus perigos.
O obxectivo destas xornadas é o de colaborar cos pais e coas nais para crear na mocidade uns hábitos de navegación segura e dentro da lei, así como de ensinarlle a estar previda fronte aos riscos de internet.




No hay comentarios: