jueves, 3 de marzo de 2011

Aviso para alumnado de Bacharelato

Ata o 30 de marzo tedes abertas un par de convocatorias do Ministerio de Educación para perfeccionar a lingua inglesa e francesa durante o verán 2011. Nos dous casos deberás de ser beneficiario das becas do MEC de caracter xeral. Si é así debes saber que:

Os cursos para perfeccionar a lingua inglesa poden desenvolverse entre os meses de xuño e novembro, cunha duración mínima de 3 semanas. Elixes o pais entre os que se relacionan na convocatoria. En función do pais elexido recibirás unha cuantía diferente: pode ir dende os 2600 Euros de Australia ata os 1200 Euros para Malta.

Os cursos de francés serán durante o mes de xullo e ademais de ser becario do MEC terás que cumprir requisitos de cualificacións (alomenos un 7 na materia de francés no curso pasado) e ter todo aprobado.

A axuda debes solicitala on line. Tedes máis información nos seguintes enlaces:

http://www.educacion.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-cursos-ingles-extranjero.html


http://www.educacion.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-frances-francia.html

No hay comentarios: