martes, 15 de marzo de 2011

Bacharelato internacional

O bacharelato internacional é unha boa alternativa para o alumnado que obtén boas cualificación durante a ESO, demostra un interese especial por aprender e, ademais, desexa vivir unha experiencia educativa excepcional. Na actualidade podes cursar esta vía educativa no centro público IES "Rosalía de Castro"de Santiago de Compostela.
O alumnado que escolla esta opción deberá de ter unha nota media mínima de 7.5 ao remate da Educación Secundaria Obrigatoria e, ainda así, a súa admisión estará condicionada á cantidade de solicitudes. 
Os alumnos compaxinan o Bacharelato do sistema educativo galego coa obtención do Programa de Diploma de Bacharelato Internacional. Ademáis de 6 materias de diferentes ámbitos do saber, deberán de realizar un traballo de investigación e monografía sobre un tema escollido por eles. O dominio das linguas estranxeiras é fundamental e todo o seu curriculum será completado con materias do noso sistema educativo.

Podedes atopar información nos seguintes enlaces:
http://www.ibo.org/es/diploma/curriculum/
http://iesrosalia.net/

No hay comentarios: