martes, 15 de marzo de 2011

A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

O día 12 de marzo comezou o prazo para presentar solicitudes e rematará o día 11 de abril. Poderán solicitar a axuda os que cumpran os seguintes requisitos:

Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:
- 6º EP.
- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
- 1º e 2º Bacharelato.
- Ciclos formativos de grao superior con
módulo de lingua estranxeira.

- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a
subvención.
- Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2009/2010.
- Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" a que fai referencia a convocatoria, atopáse AQUÍ

No hay comentarios: