viernes, 6 de mayo de 2011

AVALIACIÓN DIÁGNÓSTICA


Os vindeiros 11 e 12 de outubro, á mesma hora, todo o alumnado de Galicia que cursa 2º da ESO teredes que realizar unha proba que a Administración Educativa denomina
AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA”

Pero que é a avaliación diagnóstica?

E unha avaliación (realización de probas) sen efectos académicos, é decir, que non se vai a ter en conta nas notas que levades trimestralmente a casa. Pero é fundamental que o fagades o mellor posible xa que os resultados do centro vanse a coñecer na comunidade educativa e poderán ser comparados coa media dos obtidos por todos os centros galegos.

Cal será a finalidade principal?

  • Este curso vai a ser coñecer o nivel que tedes nas competencias matemáticas, lingüísticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.

Como serán as probas:

  • Teredes que respostar:

    • Tres caderniños: un de mate, outro de linguas, e un de coñecemento.

    • Un cuestionario de contexto.

  • Serán probas de lapis e papel e tamén audios para valorar a comprensión oral.

  • Os caderniños poden conter preguntas de opción múltiple (varias alternativas), preguntas abertas, e de resposta breve.

  • Non se terán en conta os resultados obtidos polo alumnado que conta con adaptacións do curriculo nin os que leven menos dun ano de escolarización no sistema educativo galego. !!!Ollo, fan igualmente as probas!!!

Horarios:

Día 11 (mércores):

8:30. Presentación do alumnado e control de asistencia
9:00-10:00. Competencia en Comunicación Lingüística
10:00-10:20-Descanso
10:30-11:30-Competencia matemática.

Incorporación ás clases correspondentes.

Día 12 (xoves):

8:30. Presentación do alumnado e control de asistencia
9:45-9:45. Competencia en Cooñecemento e interacción co mundo físico.
09:45-10:05-Descanso
10:05-10:50-Cuestionario do alumnado.
11:00- Reparto de cuestionarios para as familias.

Incorporación ás clases correspondentes

Outros aspectos a ter en conta:

  • As probas chegarán ao centro en caixas precintadas que se abrirán no momento da aplicación da proba.
  • Serán correxidas por profesorado do centro preferentemente entre os que non vos diron clase o curso anterior.
  • Para garantir a calidade de todo este proceso haberá unha segunda corrección a centros seleccionados aleatoriamente por parte da Inspección Educativa.
  • As vosas familias deberán de cumplimentar un cuestionario de contexto, polo que é fundamental que vaides falando na casa deste proceso.


No hay comentarios: