martes, 15 de noviembre de 2011

III CONCURSO DE FOTOGRAFIA “CONSORCIO AS MARIÑAS”

O Consorcio As Mariñas convoca o III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos. Esta iniciativa pretende potenciar a creatividade, así como pór en valor distintas actitudes no noso territorio en relación cos dereitos humanos.

Participantes:Mozos e mozas de entre 12-18 anos, residentes en calquera dos Concellos do Consorcio As Mariñas: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
 
Temática: Dereitos da infancia, Igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade;
Liberdade de Expresión.
 
Obras presentadas: As fotografías que concursen deberán presentarse en formato electrónico, ademais
de ser únicas e orixinais. Valorarase especialmente a creatividade das mesmas, coidando a súa idoneidade e
expresividade en relación co obxectivo deste concurso.
Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
O tamaño do arquivo dos traballos terá un máximo de 2MB.
 
Premio: Entre os traballos recibidos, o xurado seleccionará unha única fotografía por participante, que serán
publicadas na web do consorcio. O Consorcio As Mariñas fará entrega aos gañadores de 3 premios:
1º IPAD 2
2º IPOD Nano
3º IPOD shuffle
A entrega de premios se levará a cabo o 15 de Decembro no Edificio “Toñito Espiñeira” do Concello de
Carral ás 19:30 horas.

Prazo: Do 11 de Novembro ao10 de Decembro ás 24:00 horas.
 
Forma de presentación:

As fotografías serán enviadas por correo electrónico, en formato jpeg /jpg / tiff ,... ao enderezo: informatica@consorcioam.org Asunto: III Concurso Fotografía Consorcio As Mariñas.
Todas as fotografías presentadas terán unha lema común e un título para cada obra. As fotografías presentaranse nun único envío, ao que se lle achegará un documento .doc ou .pdf que o xurado non abrirá ata o fallo do concurso. Nel consignaranse os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, enderezo, título das fotografías, así como a data, hora e lugar no que foron tomadas.
 
Cesión de dereitos:

A participación leva a cesión de dereitos de reproducción, distribución, exhibición, comunicación pública e/ou
transformación das fotografías por parte do Consorcio As Mariñas. No caso de que as fotografías aparezan persoas identificables o/a autor/a recoñece que dispón da autorización da persoa recoñecible que aparece na fotografía remitida ao concurso e responderá de calqueira reclamación e/ou indemnización que poida ter lugar por parte de terceiros. De conformidade coa lexislación vixente non serán aceptados os traballos que atenten contra a dignidade de menores ou que supoñan difundir imaxes que permitan identificar directa ou indirectamente a menores sen autorización dos seus pais e/ou titores ou que constitúan inxerencias na vida privada ou na intimidade familiar.

No hay comentarios: