jueves, 15 de diciembre de 2011

Psicoloxía por Lydia Yusta Bermúdez de Castro.

Lydia Yusta Bermúdez de Castro é estudiante de Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Estes días está a facer prácticas nos Servicios Sociais do noso Concello e acaba de preparar para todos vos este artigo sobre os seus estudos.   
Moitas grazas, Lydia. 
Para qué sirve estudar Psicoloxía?
Os estudios de Psicoloxía forman a profesionais que analizan e explican o comportamento humano para relacionalo despois ca saúde, o benestar e a calidade de vida, axudando as persoas a mellorar.
Durante os anos de estudo acádanse destrezas para avaliar e intervir sobre o comportamento das persoas. Trátase de ser capaces de transmitir solucións, suxerencias e información en relación ao comportamento.
Qué é o que se estuda exactamente?
Algunhas das ramas de coñecemento estudiadas na carreira son: As etapas do desenvolvemento psicolóxico ó longo da vida da persoa (na infancia, vellez…), o comportamento dentro dos grupos, os procesos mentais básicos (como a Memoria, por exemplo) ou os métodos que utilizan os e as profesionais para facer as avaliacións, os diagnósticos e os tratamentos.
Hai que ter en conta que está entre as Ciencias Sociais e as da Saúde, así que os Fundamentos Biolóxicos da Conducta e a Análise de Datos forman parte dos coñecementos básicos para obter este título. Aínda así, pódese acceder dende todas as opcións e as materias pódense superar independentemente dos coñecementos previos, que son recomendables, pero non imprescindibles.
Na Facultade os alumnos achéganse as diferentes teorías da Psicoloxía de forma xeral. Finalmente será un máster o que proporcione a especialidade.
Que é o que se pode facer despois?
Algo moi positivo de esta carreira é que pode haber un psicólogo ou psicóloga exercendo en postos de traballo moi diferentes. A pesar da imaxe de sempre do profesional na súa consulta facendo terapia, hoxe en día o campo estáse ampliando moito e as saídas poden ser moi diversas e orixinais: Fálase dunha demanda destes profesionais para asesorar no sector das novas tecnoloxías, valóranse cada vez máis nas empresas (porque saben escoller as persoas máis axeitadas para un determinado posto, conseguen que mellore o benestar laboral e, por conseguinte, a producción), tamén pode relacionarse a Psicoloxía co arte,  a publicidade, o deporte, a literatura… e case todo o que se poida imaxinar.
Os trastornos de comportamento tratados na Psicoloxía Clínica son cada vez mellor diagnosticados e aparecen moitos novos casos. A crise económica, o ritmo e o estilo de vida, o consumismo, os choques culturais… As condicións da nosa sociedade están provocando que moitas persoas precisen deste apoio.
Tamén faise moi necesaria a presenza de Psicólogos e Psicólogas:
-         No ámbito educativo: formando parte dos equipos que se apoian os/as estudantes que teñen necesidades educativas especiais, mediando nos conflictos e asesorando os profesores e profesoras.
-         No ámbito Forense: nas prisións, facendo valoracións, traballando pola reinserción social, etc.
-         Comunitarios: Traballando na detección de necesidades das comunidades e colaborando para que aumenten a súa calidade de vida.
-         Nos Servizos Sociais: Prestando apoio e detectando necesidades dos colectivos máis necesitados, traballando na intervención social mediante programas que tratan drogadiccións, violencia de xénero, exclusión social…
-         Nas catástrofes: Apoio inmediato en situacións de emerxencia.
-         Nas residencias para maiores e centros de día, nos programas destinados a terceira idade.
Isto son só algún exemplos dun campo moi amplo de saídas profesionais. En definitiva, traballar facendo algo que poida contribuir á mellora do benestar das persoas e da súa saúde, guiarlles cara a solución daquilo que interfire negativamente na súa vida e poder escoller cómo facelo nun abanico tan variado de posibilidades, fan do Grao en Psicoloxía unha opción de futuro máis que interesante.

Lydia Yusta Bermúdez de Castro.
Estudante de Psicoloxía da USC.

martes, 13 de diciembre de 2011

E ti que vas facer??: Xusticia entre xéneros.

A lexanía ou a proximidade dun feito non lle suma nin resta importancia pero estaredes dacordo conmigo en que cando ocorre algo negativo e preto de nós parece que tremamos con maior intensidade. Así que hoxe toca sentir as ondas moi intensas. Para todos os meus amigos e coñecidos de Abegondo e todos aqueles sensibilizados con este tema  deixo esta fotografía que o alumno Javier Fernandez de 2º da ESO fixo vai poucos días falando de violencia de xénero.

lunes, 12 de diciembre de 2011

BASES DO CONCURSO DE DESEÑO LOGO PARA A BIBLIOTECA


1. Participantes: Alumnado do IES Miraflores.
2. Técnica: Calquera técnica, acabado en cores planas (max. 3 cores), facilmente reproducible. Todos os estilos: figurativo, abstracto, xeométrico...
3. Tema: Interpretación libre, creativa e orixinal alusiva aos libros, á lectura, á recursos multimedia, usuarios, a Oleiros, etc…
4. Presentación: Forma de presentación: A4 en catro formatos: en cor, en branco e negro, sobre un posible fondo non homoxéneo, unha imaxe fotográfica etc..., e en negativo.
Entregarase en papel pero valorarase positivamente que se entregue en formato dixital, especificando o programa  que se empregou.
Análise: por escrito presentación do deseño do logotipo (elección da imaxe, cor, composición,...)  análise gráfico-técnica da súa realización (cuadrícula, tanxencias,...sobre papel vexetal)
O traballo asinarase con pseudónimo. O autor entregará un sobre pechado co pseudónimo por fóra e o seu nome dentro do sobre.
5. Prazo de entrega: desde o 15 de decembro ata o 29 de xaneiro. As obras serán recollidas na biblioteca do IES durante os recreos.
6. Premio: Unha  Tableta gráfica: GENIUS MOUSEPEN 1608
7. Xurado: Membros da comunidade educativa do IES Miraflores.

viernes, 9 de diciembre de 2011

GRAO EN TURISMO

Os graduados en turismo poden exercer a súa profesión en diferentes ámbitos: como xestores de hoteles, como guías, en axencias de viaxes. Para calquera deles é preciso saber historia e xeografía, ter cultura xeral e dominar os idiomas. 

Un bó guia non se pode limitar a aprender de memoria os munumentos dunha cidade, ten que estar en condicións de responder ás preguntas que satisfagan a curiosidade dos viaxeiros.  

Traballar no sector do turismo, as veces, exixe horarios de traballo complicados, axustados ao tempo de ocio dos demais.

En calquera dos sectores dos que vos falaba ao principio necesitaredes ter un bó trato co público: "escoitar e responder ás demandas dos demais é fundamental"


Deixovos o plan de estudos que se imparte no Centro de Nuevas Profesiones de A Coruña.

Escuela Universitaria de Turismo
CENTRO ESPAÑOL DE NUEVAS PROFESIONES
Avda. de la Habana 6-7
15011 A Coruña                              
Teléfono: 981 160276


O Plan de Estudos  consta das seguintes materias, con expresión dos créditos ECTS que lle corresponden a cada unha de elas, o módulo ao que pertencen e o curso no que se imparten.





MATERIA
CRÉDI
Intr. á Economía  (1º cuatrimestre)

Intr. á Socioloxía (1º cuatrimestre)

Dereito   (2º cuatrimestre)

Xeografía turística   (2º cuatrimestre)
                                            
Técnicas de comunicación e de
promoción turísticas  (1º cuatrimestre)
                                                  
Idioma moderno: Inglés (2º cuatrimestre)                                                       
Patrimonio cultural (2º cuatrimestre)   
     
Informática de xestión e do coñecemento    (1º cuatrimestre) 

Introducción ao Turismo (1º cuatrimestre)

Economía da Empresa (2º cuatrimestre)
6

6

6

6

6


6

6

6

6

6

Contabilidade financeira

Estatística

Intermediación turística e transporte I

Aloxamentos e Restauración I

Primeiro idioma moderno I

Marketing turístico

Contabilidade de custos

Recursos territoriais turísticos

Segundo idioma moderno I

Optativa I

6

6

6

6

6

6

6

6

6

6

Intermediación turística e Transporte II

Aloxamentos e Restauración II

As TIC aplicadas ao Turismo

Métodos e técnicas de investigación no Turismo

Xestión turística do patrimonio

Fiscalidade turística

Análise de estados financieiros


Primeiro idioma moderno II

Segundo idioma moderno II

Optativa II

6

6

6

6


6

6

6


6

6

6

Comercialización de produtos turísticos

Xestión pública do Turismo

Xestión de calidade

Segundo idioma moderno III

Optativa III

Practicas en Empresas

Traballo Fin de Carreira

6

6

6

6

6

24

6







MATERIAS OPTATIVAS




MATERIA
CRÉDITOS
(ECTS)

Interpretación do patrimonio

Novos produtos turísticos

Galicia como destino turístico

Creación e xestión de empresas turísticas

Dirección estratéxica de empresas turísticas

Xestión de recursos humanos

Itinerarios turísticos do mundo e Información turística

Inglés no entorno profesional

A Imaxe dos produtos e destinos turísticos nos medios de comunicación

6

6

6

6


6


6

6


6

6









jueves, 1 de diciembre de 2011

POSITIVE GENERATION

Hoy, jueves 1 de diciembre a las 21:00 en La 2 de TVE, podrás ver el documental Positive Generation, dirigido por David Trueba en el que se explica la labor de sensibilización de los coros y los grupos de apoyo de Médicos Sin Fronteras en Zimbabue y recoge testimonios sobre su lucha por un futuro sin sida.



Positive Generation es un proyecto musical de Médicos Sin Fronteras (MSF) que quiere dar a conocer las extraordinarias canciones de los grupos de apoyo y coros de Zimbabue que hablan sobre los retos de la enfermedad del VIH/sida y que se fusionan con el talento de artistas como Alejandro Sanz, Antonio Carmona, Javier Limón, Estrella Morente, Juan Luis Guerra, Carminho, Andrés Calamaro, Oliver ‘Tuku’ Mtukudzi y otros.