lunes, 12 de diciembre de 2011

BASES DO CONCURSO DE DESEÑO LOGO PARA A BIBLIOTECA


1. Participantes: Alumnado do IES Miraflores.
2. Técnica: Calquera técnica, acabado en cores planas (max. 3 cores), facilmente reproducible. Todos os estilos: figurativo, abstracto, xeométrico...
3. Tema: Interpretación libre, creativa e orixinal alusiva aos libros, á lectura, á recursos multimedia, usuarios, a Oleiros, etc…
4. Presentación: Forma de presentación: A4 en catro formatos: en cor, en branco e negro, sobre un posible fondo non homoxéneo, unha imaxe fotográfica etc..., e en negativo.
Entregarase en papel pero valorarase positivamente que se entregue en formato dixital, especificando o programa  que se empregou.
Análise: por escrito presentación do deseño do logotipo (elección da imaxe, cor, composición,...)  análise gráfico-técnica da súa realización (cuadrícula, tanxencias,...sobre papel vexetal)
O traballo asinarase con pseudónimo. O autor entregará un sobre pechado co pseudónimo por fóra e o seu nome dentro do sobre.
5. Prazo de entrega: desde o 15 de decembro ata o 29 de xaneiro. As obras serán recollidas na biblioteca do IES durante os recreos.
6. Premio: Unha  Tableta gráfica: GENIUS MOUSEPEN 1608
7. Xurado: Membros da comunidade educativa do IES Miraflores.

No hay comentarios: