lunes, 23 de enero de 2012

Comeza hoxe o prazo para inscribirse nas probas para acceder a Formación Profesional de Grao Superior


  • Se tes dúbidas de que poidas acabar o Bacharelato.
  • Se xa repetiches e non te vai demasiado ben.
  • Se queres ter a experiencia de facer un examen alleo ao centro e totalmente gratuíto que nalgún momento te pode abrir as portas a outros estudios de tipo superior como os ciclos formativos de grao superior.

Se te atopas nalgunha destas situacións e cumpres os requisitos de idade (ter 19 anos ou cumplilos no ano natural de celebración das probas), DEBES SABER QUE....

Hoxe comeza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a formación profesional de grao superior. Recordade que constan de dúas partes:

  • Común: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
  • Parte Específica con tres opcions:

Opción A: Economía, inglés ou frances e filosofía.
Opción B: Debuxo, tecnoloxía industrial e física
Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía)

Deberás elexir a opción en función da familia profesional á que pertence o ciclo formativo que desexas cursar e escoller dúas materias da opción.

No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior podes diversos modelos de exames, así como contidos, criterios de avaliación, folla de inscripción, etc.

É importante que saibades que para o alumnado que supera estas probas, os centros educativos están obrigados a reservar un 20% das prazas de cada ciclo.

Datas e lugares de inscripción: Ata o 3 febreiro, na secretaria de calquera centro que imparta formación profesional.

No hay comentarios: