lunes, 23 de enero de 2012

Convocadas probas de acceso a Formación Profesional de Grao medio.


  • Se tes dúbidas de que poidas acabar a ESO.
  • Se xa repetiches e non te vai demasiado ben.
  • Se pensas que te podería ir mellor en estudios de caracter profesional.
  • Se queres ter a experiencia de facer un examen alleo ao centro e totalmente gratuíto que nalgún momento te pode abrir as portas a estudios de Formación Profesional.

Se te atopas nalgunha destas situacións e cumpres os requisitos de idade (ter 17 anos ou cumplilos no ano natural de celebración da proba), DEBES SABER QUE....

Acaba de sair a resolución que regula as probas de acceso a formación profesional para este curso. A proba estructurase en tres partes:

  • Sociolingüística: Galego, Castelán e Ciencias Sociais.
  • Matemática
  • Cientifico-técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía

No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio podedes atopar toda a información necesaria (modelos de exames, contidos, criterios de avaliación, ficha de inscripción, etc.)

Datas de inscripción e lugares de inscripción: 27 de febreiro a 9 de marzo en calquera centro educativo que imparta formación profesional. Terás que presentar a folla de inscripción por duplicado.

É importante que saibades que para o alumnado que supera estas probas, os centros educativos están obrigados a reservar un 20% das prazas de cada ciclo. Esta proba non é equivalente ao Titulo de Graduado en Secundaria. Só se consigues rematar os estudios de FP terás a titulación de Técnico en Grao Medio que é unha titulación superior á do Graduado.

No hay comentarios: