martes, 22 de mayo de 2012

A Formación Profesional Específica

A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade
nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes
profesións.

Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:
Medio e Superior. Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o
campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de
profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.Algúns exemplos de Familias Profesionais poderían ser :
· Actividades Agrarias
· Actividades Físicas e Deportivas
· Marítimo-Pesqueira
· Administración e Xestión
· Artes Gráficas
· Comercio e Marketing
· Imaxe e son
· Edificación e Obra civil
· Electricidade e electrónica
· Fabricación mecánica
· Informática e comunicación
· Servicios Socioculturais
· Hostalaría e turismo
· Imaxe persoal
· Industrias alimentarias
· Madeira, moble e cortiza.
· Transporte e mantemento de
vehículos.
· Instalación e mantemento.
· Química
· Sanidade
· Textil, confección e pel
· Vidro e cerámica
· Artes e artesania
· Seguridade e Medio Ambiente

Polo tanto, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de
grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As
prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e,no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se
imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos
importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral
(FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto
de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en
Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e
cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta
de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos.

Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a un 20% das prazas ofertadas.

Para o Grao Superior haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato ou
presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de
celebración da mesma. Dita proba consta de dúas partes: unha Xeral (Lingua Galega,
Castelá e Matemáticas) e outra Específica (as materias a avaliar serán diferentes en
función do ciclo ao que se pretenda acceder).

Unha pregunta moi común: ¿Pode pasarse directamente a un Ciclo Formativo de
Grao Superior tras a superación dun Ciclo de Grao Medio?.
Neste momento non é posible. En todo caso é certo que unha vez superado un Ciclo de
Grao Medio o alumno que se presente á proba de acceso ao Grao Superior ten certas
vantaxes como non ter que esperar a idade establecida ou quedar exento de facer os
exames da parte Específica.

A Titulación
O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na
correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Tecnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

E despois que...
Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se
inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se
pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio o alumno pode estudar Bacharelato ou
presentarse á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.

A Titulación de Técnico Superior permite o acceso directo a estudos universitarios.

Unha reflexión final

Estudar Formación Profesional non debería de ser considerado como unha via
educativa de segunda división ou categoría. Os estudos que nos ocupan pasaron por
moitos procesos de reforma co obxecto de acabar con esa realidade de desprestixio
social que os rodeaba.
A falta de motivación, de actitude positiva cara a institución escolar, de madurez,...,non están asociadas necesariamente a unha porcentaxe maior ou menor de intelixencia dos alumnos. As veces, éstes necesitan atopar unha vía educativa que os ilusione, na que vexan unha aplicación práctica e unha posibilidade mais cercana de incorporarse ao mundo laboral. Neste punto atopamos os verdadeiros motivos polos que esta vía educativa está a ter tanto éxito nos últimos cursos.
Amplia esta información en http://www.edu.xunta.es/fp/ ou no Departamento de
Orientación .

No hay comentarios: