jueves, 11 de octubre de 2012

Probas de avaliación de competencias clave para acceder a certificados de profesionalidade

Dende o día 10 de outubro está aberto o prazo para inscribirse na realización de probas de competencias clave, nivel 2 en:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.
Competencia en ciencia.
Competencia en tecnoloxía.
Competencia dixital.

As probas de competencias son o paso para a obtención dos certificados de profesionalidade cando non se ten a titulación académica necesaria.

Podedes atopar información mais extensa no seguinte enlace:
 http://xuventude.xunta.es/201209218648/probas-de-avaliacion-en-competencias-clave-para-acceder-a-certificados-de-profesionalidade.html

No hay comentarios: