lunes, 17 de diciembre de 2012

Escola de Pais e Naís do Concello de Oleiros


O Concello de Oleiros, ten programado para este curso escolar 2012 – 2013 unha nova edición das
Escolas de Pais e Nais do alumnado dos Centros de Secundaria de Oleiros.

O obxectivo prioritario destas Escolas é orientarvos na educación dos vosos fillos e fillas, en temas tan
complexos como poden ser as distintas etapas dos rapaces e rapazas, a transmisión de valores, a
importancia na prevención do consumo de alcol e drogas, as pautas para establecer normas e límites,
así como o intercambio de experiencias cotiás dentro da unidade familiar.

As Escolas constarán de cinco sesións de dúas horas de duración cada unha delas, durante o segundo
xoves de cada mes: 10 de xaneiro, 14 de febreiro, 14 de marzo, 11 de abril e 9 de maio, no Centro
Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo en horario de 19:30 a 21:30. Rematarase o día 13 de xuño ás
20:00 horas cunha mesa redonda no Auditorio da Fábrica.

Todas as persoas interesadas poden encher unha preinscrición e entregala na oficina do
CIX na Fábrica de Perillo, enviala ao fax 981 639 592 ou ao correo electrónico c.xuventude@oleiros.org.
Este obradoiro é gratuíto. Ás persoas interesadas avisaráselles uns días antes do seu comezo.

No hay comentarios: