viernes, 20 de diciembre de 2013

II Convocatoria Programa de Becas Estudia en Canadá

Dende o 16 de decembro ata o 7 de febreiro, estará aberto o periodo de inscripción para o Programa Estudia en Canadá convocado pola Fundación Amancio Ortega. O programa está dirixido ao alumnado de 4º da ESO que estea interesado en estudar 1º de Bacharelato nun instituto canadiense. 

As inscripcións realizaranse únicamente a través da páxina web do programa. 


Asemade, podedes consultar na mesma páxina as bases, normativa e calendario. 

domingo, 15 de diciembre de 2013

Saída Complementaria do Departamento de Orientación.

O vindeiro mércores 18 de Decembro visitaremos en Palexco a Feira de Universidades UNITOUR 2013. Atoparemos espazos informativos reservados por universidades públicas e privadas para que o alumnado de 2º de Bacharelato poida recoller información sobre diferentes aspectos: accesos, plans de estudio, programas de becas e axudas, etc.  

Esperamos a vosa participación!!

martes, 10 de diciembre de 2013

E o día chegou...

Hoxe, martes 10 de decembro, públicase no BOE a Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. No seguinte enlace tedes o texto completo do documento.

http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf

Plan de Atención á Diversidade: Documento Base.


No seguinte enlace podedes descargar o Plan de Atención á Diversidade do instituto que recolle aspectos importantes como os criterios que utilizamos para distribuir os apoios, as medidas de atención que comtemplamos, etc.  A concreción deste plan realizarase con caracter anual e pode consultarse na programación anual do Departamento. 

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO IES MIRAFLORES

lunes, 9 de diciembre de 2013

Novo número da Revista Entre Estudiantes

Podedes consultar na Biblioteca o novo número da revista "Entre estudiantes", correspondente aos meses de novembro/decembro. Atoparedes información sobre:


  • Carreiras: Grao en Ciencias do Mar e Educación Social. 
  • Formación Profesional: Técnico Superior en Aloxamentos Turísticos. 
  • Artes Plásticas e Deseño: Técnico en Alfarería.
  • Emprego: Reportaxe sobre Paises que ofrecen emprego, Prácticas en empresas para universitarios e OpenCourse Ware. 



A sexualidade: Non é algo que temos, é algo que somos.


"A sexualidade: Non é algo que temos, é algo que somos" é o título da Mesa redonda que organiza o Concello de Oleiros o vindeiro xoves 12 de decembro no Auditorio de A Fábrica ás 19:30. 
Nela participarán Martín Vázquez, sociólogo e educador do programa de educación sexual de Oleiros, Vanesa Rodríguez Pousada, psicopedagoga e Ana María Luces Lago, matrona. Todos eles intentarán abordar o tema da sexualidade cos nosos fillos e fillas.

Seguro que é do voso interese. 


miércoles, 30 de octubre de 2013

Buscador de Universidades

Si estás ya planificando tu entrada en el "Mundo Universitario", este portal oficial te ofrece enlaces con las diferentes universidades españolas. Puedes realizar una búsqueda más específica en su "buscador" escogiendo provincia y tipo de universidad a la que deseas acceder.

UNIVERSIDAD.ES

La página GRADOMANIA también puede ofrecerte informaciones de utilidad incluso si estás pensando en estudiar fuera de España.

Si además deseas saber las notas de corte de las universidades públicas españolas puedes descargarte una aplicación gratuíta en EL PAIS.

Si tu objectivo es valorar tambi'en la tasa de empleo que ha tenido una titulaci'on, puedes entrar en el siguiente buscador. BUSCADOR CARRERAS CON EMPLEO

lunes, 14 de octubre de 2013

Presentación da Revista ENTRE ESTUDIANTES.



 Entre estudiantes (Pica aquí para unha visión xeral)

A partires deste curso poderás consultar na Biblioteca do Centro a revista "Entre Estudiantes". Esta publicación de "Ediciones Peldaño" está enfocada ao proceso de orientación académico-profesional pero podes atopar moitas cousas en relación a lecturas ou webs de interese, libros recomendados e outras actividades nas que empregar o teu tempo de lecer.

Algúns dos artigos que podes atopar no último número son:

Opinión:
  • Quen ten un 5 tamén é bo estudiante.
  • A tecnoloxía ao servizo da educación. 
Noticias:
  • Análise do sistema universitario español
  • Chega a España University Day
 Reportaxes:
  • A Formación Profesional Dual
  • A Torre de Babel. 
Lume de Campamento
  • Últimas escapadas do verán: Picos de Europa, Costa Branca, Murcia, aloxamentos baratos.
Informes:
  • Carreiras con traballo seguro 
Recomendados:
  • Festival de Cine Fantástico en Sitges 2013
  • "Hay Festival" en Segovia. 
Lecer e algo máis:
  • Naturiva 2013
  • Presentación del doble CD de The Clash
  • Corbacho 3G
Webs e libros recomendados. 

Taboleiro: Premios, concursos, ...

Temas publicados. 

Na Biblioteca disporás de todos os números publicados nos últimos catro anos. Para buscar cómodamente temás concretos podes acceder á páxina web de Entre Estudiantes e adentrarte na Hemeroteca ou no buscador. 













domingo, 6 de octubre de 2013

Evalúate


Comienza un nuevo curso y es importante que revises tu método de trabajo. Seguramente este test online te ayudará a saber que aspectos podrías mejorar.


¿QUÉ PUEDO MEJORAR?

Un mensaje para las familias


Comenzamos a desenvolver as actividades do Plan Director de Convivencia.


Como en cursos anteriores, contamos coa colaboración da Garda Civil para desenvolver actividades que teñen por obxecto a mellora da convivencia. O alumnado de 1º da ESO, terá unha charla por trimestre para abordar diferentes temáticas como o acoso escolar,  a prevención de consumos non saúdables e os riscos de internet e a utilización das redes sociais. Precisamente este último tema será tratado cos demais alumnos da ESO durante o mes de xaneiro nunha sesión recordatorio.

Como complemento a estas actividades e en colaboración coa AMPA, organizaremos actividades para as familias que poídan estar interesadas.

  

Thigh gap... ¿Te sonaba esta tendencia?

Para reflexionar sobre el uso de los móviles en nuestra vida cotidiana.

Estudiar no es aburrirse

En el siguiente enlace podéis descargaros un interesante cuaderno para revisar vuestra motivación hacia el estudio y para trabajar sobre un método eficaz, que os permita sacar el máximo rendimiento a vuestro trabajo.

http://es.scribd.com/doc/129683244/Cuaderno-Te%CC%81cnicas-de-Estudio


La morfología de los óvulos. ¿A que te sientes identificado?

Convocada a Quinta Edición do Programa Internacional de Becas High School

A Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega convocan novamente becas para cursar un ano académico en Estados Unidos. O Programa está dirixido a estudiantes de 4º de ESO dos centros educativos galegos.  Os seleccionados terán a oportunidade de cursar EEUU estudios equivalentes a 1º de bachillerato (Grade 11 en el sistema de Estados Unidos).

Plazo de inscripción: 

4 de octubre de 2013 a las 12:00 horas hasta el 18 de noviembre de 2013 a las 20:00 horas.

Podes obter máis información en www.becashighschool.orgcondicións de inscripción, formulario de solicitude, prazos, contido da beca, etc.

lunes, 3 de junio de 2013

TOMA DE DECISIÓN NO PASO DE 3º a 4º DA ESO

Neste curso promocionarás a 4º da ESO se estás nalgunha destas situacións:

  1. Aprobas todo ou tes como máximo 2 materias suspensas logo dos exames de setembro. Recorda que contan todas as pendentes non superadas de cursos anteriores. As materias de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía contan como unha.
  1. Se xa estás repetindo 3º ESO, promocionarás a 4º pero con pendentes e terás máis dificultades para afrontar o curso e polo tanto para titular.
Se te atopas nesta segunda situación é posible que o Departamento de Orientación, logo de escoitar a opinión do teu profesorado sobre a túa actitude na clase e a capacidade de esforzo, te propoña para incorporarte a un Programa de Diversificación Curricular.

Se xa tes repetido e non te atopas coa motivación necesaria para seguir intentando obter o Título de Graduado, podes incorporarte a un Programa de Cualificación Profesional Inicial, e dicir, prepararte inicialmente para un empleo e nun segundo curso obter o Titulo de Graduado. Podes solicitar máis información no Departamento de Orientación sobre modalidades, certificacións que se poden obter e centros onde cursalos.

Se pasas a 4º é importante que saibas que a decisión que tomes sobre as materias a cursar vai influir na vía educativa que curses rematada a ESO: tanto en Bacharelato como en Formación Profesional de Grao Medio.

POR ISTE MOTIVO É MOI IMPORTANTE REFLEXIONAR SOBRE O TEU FUTURO E COÑECER A INFORMACION QUE TE PRESENTAMOS

¿QUÉ SE CURSA EN 4º?

  • MATERIAS COMÚNS. Son obrigatorias, non se escollen.
  • MATERIAS OPCIONAIS OU TRONCAIS: As escolles ti en función dos intereses, as aptitudes e o que teñas pensado facer no futuro. Terás que escoller tres.
  • MATERIAS OPTATIVAS : Unha materia optativa completará a túa formación.
Para poder organizar mellor os recursos dos que dispón o centro, na folla de matricula atoparás o seguinte:

MATERIAS COMÚNS
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
  • Matemáticas
  • Educación Física
  • Educación Ético-Cívica


Elexir unha materia de cada un dos recadros (sen repetir materia)

1
2
3
4
Física e Química
Informática (20)
Latín
Educación Plástica
Bioloxía e Xeoloxia
Informática (20)
Música
Educación Plástica
Bioloxia e Xeoloxía
Física e Química
Francés (2ªL)
Inglés(2ªL)
Tecnoloxía
Cultura Clásica
Informática(20)
Francés (2ªL)
Tecnoloxía
Ob.Inic.Emprend


Terás que ter en conta que se cursaches en 3º da ESO Cultura Clasica ou Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras non poderás volver a escollelas en 4º.

Na folla de matricula terás que sinalar a túa opción relixiosa (Relixión ou Atención Educativa) así como sinalar a lingua que cursas como Primeira Lingua Estranxeira. .

¿QUÉ VARIABLES PODES TER EN CONTA PARA TOMAR A DECISIÓN?

-Pensar se vas facer un ciclo ou un bacharelato

Consulta a táboa das modalidades de Bacharelato. Cada modalidade de bacharelato ten unhas materias propias que é convinte que curses en 4º (se é o caso) para que teñas a base necesaria en 1º de Bacharelato. E cada Bacharelato está vinculado a uns estudios universitarios ou “GRAOS”.
O mesmo ocorre cos ciclos, hai materias máis adecuadas porque se relacionan co ciclo que queres cursar.

-Non é recomendable que escollas materias pensando no van a escoller os teus amigos xa que podes condicionar o teu futuro. 

- Pensa nas materias nas que acadaches mellores resultados o nas que a realización das súas actividades, traballos e tarefas gustáronche en maior medida.



Cursos de idiomas no estranxeiro 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de Cursos de idiomas no estranxeiro para os mozos/as de idades comprendidas entre 14 e 30 anos. Os idiomas ofertados son:

(Pica nos idiomas para ver lugares de realización, datas, duración e outras informacións de interese)

INGLÉS

ALEMÁN

FRANCÉS

ITALIANO

PORTUGUÉS

RUSO

Se estás interesado terás que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).

Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

SOLICITA O TEU CURSO 
  • Chamando ao teléfono 981 544 851.
  • Enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es

miércoles, 29 de mayo de 2013

Dale la vuelta a la Adolescencia

"Dale la vuelta a la Adolescencia" es el título del programa educativo para la ESO sobre la Adolescencia desarrollado por Ausonia, Tampax y Evax, que hemos trabajado en las tutorías de 1º y 2º de la ESO. En el siguiente enlace podéis visualizar un vídeo de presentación del programa:

http://www.youtube.com/watch?v=XISGH3VQT1Y&feature=player_embedded

 Á continuación os presento algunos de los contenidos que hemos trabajado:


miércoles, 22 de mayo de 2013

A Avaliación diagnóstica para alumnos/as


Pero que é a avaliación diagnóstica?

E unha avaliación (realización de probas) sen efectos académicos, é decir, que non se vai a ter en conta nas notas que levades trimestralmente a casa. Pero é fundamental que o fagades o mellor posible xa que o centro deberá de tomar decisións importantes en función dos vosos resultados. 

Cal será a finalidade principal?

  • Este curso vai a ser coñecer o nivel que tedes nas competencias matemáticas, lingüísticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.

Como serán as probas:

Teredes que respostar:

  • Tres caderniños: un de mate, outro de linguas, e un de coñecemento.
  • Un cuestionario de contexto.
  • Serán probas de lapis e papel e tamén audios para valorar a comprensión oral.
  • Os caderniños poden conter preguntas de opción múltiple (varias alternativas), preguntas abertas, e de resposta breve.

    HORARIOS DAS PROBAS:

MARTES 28 DE MAIO 2013
 8h.30min. Chamamento e colocación do alumnado nas aulas de Matemáticas e Relixión
 9h.00min. Competencia Matemática (60’)
 10h.00min. Descanso
 10h.20min. Chamamento e colocación
 10h.30min. Competencia no Coñecemento e interacción co mundo físico. (60’)
 11h.35min. Incorporación a clase co horario habitual.

MÉRCORES 29 DE MAIO DE 2013
 8h.30min. Chamamento e colocación
 8h.45min. Lectura do texto (Galego e Castelán)
 9h.00min. Competencia en comunicación lingüística (60’)
 10h.00min. Descanso
 10h.20min. Chamamento e colocación
 10h.30min. Cuestionario de contexto (45’)
 11h.20min. Incorporación a clase co horario habitual.

Información sobre avaliación diagnóstica para as familias de 2º ESO


Nos vindeiros días 28 e 29 de Maio, o alumnado que está escolarizado en 2º da ESO, realizará no centro educativo unha proba de avaliación que a Administración Educativa ven a denominar “AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO”. Co obxecto de que coñezades en que consiste, remitímosvos a seguinte información:

A avaliación de diagnóstico consistirá na realización por parte do alumnado dunhas probas de avaliación sen efectos académicos, é decir, que non se van a ter en conta nas cualificacións que os vosos fillos/as levan trimestralmente a casa.

A finalidade principal será obter información sobre o nivel de desenvolvemento nas competencias matemática, lingüística e de coñecemento e interacción co mundo físico que posee o noso alumnado. Cada centro escolar poderá valorar os seus resultados e adoptar medidas de mellora, se fose o caso. Para as Administracións educativas este proceso permitirá coñecer a calidade do sistema educativo, en xeral.

Os instrumentos que se utilizaran nestas probas serán caderniños para valorar as diferentes competencias e cuestionarios de contexto dirixidos ao alumnado e ás familias. Os cuestionarios que vos corresponde cumplimentar farémolos chegar neses días a través dos vosos fillos/as así como a comunicación coas datas nas que deberán de ser devoltos.

lunes, 20 de mayo de 2013

Convocatoria de plazas para centros residenciales docentes de Coruña, Orense y Vigo.


Si en el próximo curso tienes pensado hacer algún estudio postobligatorio no universitario (ciclo formativo, bachillerato...) fuera de tu localidad, a lo mejor te interesa esta convocatoria de plazas en centros residenciales de Coruña, Vigo y Orense.


INFORMACIÓN

sábado, 18 de mayo de 2013

CONVOCADAS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNET DE CONDUCIR

REQUISITOS:

  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Residir en Galicia 
  • Ser titular do carné xove
  • Cumprir uns requisitos económicos dependendo da composición da unidade familiar. 
  • Estar matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano).
  • Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de novembro de 2013 e, ademais, asistir a un curso gratuíto de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 PODES OBTER UNHA AXUDA DE 250 €!

MAIS INFORMACIÓN 

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2013/2014

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2013/14.

A inscrición para realizar a proba realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:
  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
LEXISLACIÓN

lunes, 15 de abril de 2013

Reforzando CIENCIAS

Os dejo este interesante articulo con enlaces a blogs de Ciencias. Sin duda, en todos ellos podréis encontrar  lecturas interesantes, vídeos y ejercicios de refuerzo para las distintas materias de la ESO y Bachillerato encuadradas en CIENCIAS.

ENLACE

lunes, 8 de abril de 2013

Para alumnado matriculado nas Probas a FP de Grao Superior.

Tedes dispoñible no seguinte enlace toda a información relativas ás Probas de acceso a Formación Profesional de Grao Superior: listaxes de admitidos, composición dos tribunais, datas e lugares para a celebración das probas.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual#linscrcs


domingo, 31 de marzo de 2013

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
  Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa


TODO O QUE NECESITAS SABER






domingo, 10 de marzo de 2013

Campus científicos de verán 2013

Como en cursos anteriores, la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología y el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte con el apoyo de Obra Social “la Caixa”, ponen en marcha Campus científicos de verano.
Con el objetivo de potenciar el interés de estudiantes de 4º de ESO y 1º de Bachillerato por la ciencia, la tecnología y la innovación, se convocan 1.808 plazas para participar en proyectos científicos diseñados por profesores universitarios y desarrollados en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional y Regional, entre los días 30 de junio y 27 de julio de 2013.
El programa va dirigido a estudiantes de 4º de ESO y 1º de Bachillerato de la especialidad de Ciencias y Tecnología que estén cursando sus estudios en centros docentes españoles -tanto dentro del territorio nacional como en el extranjero- y que hayan obtenido una nota media de, al menos, un 7,50 en el pasado curso 2011-2012.
Campus científicos de verano ofrece a sus participantes la oportunidad de contactar con la labor investigadora en un ambiente universitario y multicultural, que les ayudará a definir su proyección futura de estudios. Además, podrán disfrutar de actividades complementarias científico-culturales y de ocio.


jueves, 7 de febrero de 2013

Probas para a obtención do Título de Bacharelato para maiores de 20 anos

O vindeiro día 18 de comeza o prazo para realizar a inscrición nestas probas que rematará o 28 de febreiro. Podes facela no Centro EPA Eduardo Pondal de A Coruña (Edificio da UNED, ao lado da Escola Oficial de Idiomas).
As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 no mesmo centro onde realizas a inscrición. Recorda que debes cumprir os seguintes requisitos:


a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado
equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou
réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.

jueves, 31 de enero de 2013

Becas para estudiar un Postgrado en Estados Unidos en 2014-2015


La educación se ha convertido en un lujo más que en un derecho al alcance de todas las personas, tal y como debería ser. Afortunadamente existen numerosas ayudas y programas académicos que tratan de ofrecer una oportunidad a todos los estudiantes con talento y ganas de aprender. Este es el caso de las becas Fulbright España que te pueden llevar a cualquier universidad de Estados Unidos para cursar un Postgrado en cualquier disciplina académica.
¿Quieres saber más? Pues ponte cómodo/a, coge lápiz y papel y toma nota de cómo participar en estas becas.

Requisitos de los participantes

En total se ofrecen 25 becas para estudiantes con nacionalidad española o de cualquier otro país de la Unión Europea que hayan obtenido su título superior entre enero de 2007 y junio de 2013. Para poder participar en estas becas se exige además un excelente conocimiento de inglés, tanto hablado como escrito, y certificado con un título como por ejemplo el Test of English as a Foreign Language (TOEFL).

martes, 22 de enero de 2013

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR



  • Se tes dúbidas de que poidas acabar o Bacharelato.
  • Se xa repetiches e non te vai demasiado ben.
  • Se queres ter a experiencia de facer un examen alleo ao centro e totalmente gratuíto que nalgún momento te pode abrir as portas a outros estudios de tipo superior como os ciclos formativos de grao superior.

Se te atopas nalgunha destas situacións e cumpres os requisitos de idade (ter 19 anos ou cumplilos no ano natural de celebración das probas), DEBES SABER QUE....

Acaba de sair a resolución que regula as probas de acceso a formación profesional para este curso. Recordade que constan de dúas partes:

  • Común: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
  • Parte Específica con tres opcions:

Opción A: Economía, inglés ou frances e filosofía.
Opción B: Debuxo, tecnoloxía industrial e física
Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía

Deberás elexir a opción en función da familia profesional á que pertence o ciclo formativo que desexas cursar e escoller dúas materias da opción.

No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior podes diversos modelos de exames, así como contidos, criterios de avaliación, folla de inscripción, etc.

É importante que saibades que para o alumnado que supera estas probas, os centros educativos están obrigados a reservar un 20% das prazas de cada ciclo.

Datas e lugares de inscripción: Do 28 de xaneiro ao 8 febreiro, na secretaria de calquera centro que imparta formación profesional.

Terás que estar pendente da publicación de admitidos para realizar a proba así como do resto de comunicacións en "www.edu.xunta.es/fp".

A data de realización da proba será o 25 de Abril de 9:00 a 18:30 horas presentando o DNI e a copia da folla de solicitude de inscrición. Terás que presentar a folla de inscripción por duplicado para que o centro que a tramite te devolva unha copia selada desta.

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A FP DE GRAO MEDIO



  • Se tes dúbidas de que poidas acabar a ESO.
  • Se xa repetiches e non te vai demasiado ben.
  • Se pensas que te podería ir mellor en estudios de caracter mais profesional.
  • Se queres ter a experiencia de facer un examen alleo ao centro e totalmente gratuíto que nalgún momento te pode abrir as portas a estudios de Formación Profesional.

Se te atopas nalgunha destas situacións e cumpres os requisitos de idade (ter 17 anos ou cumplilos no ano natural de celebración da proba), DEBES SABER QUE....

Acaba de sair a resolución que regula as probas de acceso a formación profesional para este curso. A proba estructurase en tres partes:

  • Sociolingüística: Galego, Castelán e Ciencias Sociais.
  • Matemática
  • Cientifico-técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía


No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio podedes atopar toda a información necesaria (modelos de exames, contidos, criterios de avaliación, ficha de inscripción, etc.)

Datas de inscripción e lugares de inscripción: 25 de febreiro a 8 de marzo en calquera centro educativo que imparta formación profesional. Terás que presentar a folla de inscripción por duplicado para que o centro que a tramite te devolva unha copia selada desta.

É importante que saibades que para o alumnado que supera estas probas, os centros educativos están obrigados a reservar un 20% das prazas de cada ciclo. Esta proba non é equivalente ao Titulo de Graduado en Secundaria. Só se consigues rematar os estudios de FP terás a titulación de Técnico en Grao Medio que é unha titulación superior á do Graduado.

Terás que estar pendente da publicación de admitidos para realizar a proba así com do resto de comunicacións en "www.edu.xunta.es/fp".

A data de realización da proba será o 23 de Maio de 9:00 a 18:00 horas presentando o DNI e a copia da folla de solicitude de inscrición.




martes, 15 de enero de 2013

Programa “Becas Estudia en Canadá” de la Fundación Amancio Ortega.



Este Programa de 100 Becas para estudiar 1º de Bachillerato en un instituto canadiense tiene como objetivos que 
los alumnos perfeccionen los conocimientos de la lengua inglesa, a través del aprendizaje, la adaptación y la convivencia en un nuevo entorno así como ampliar su formación integral. 


Destinatarios: 

Alumnos de 4º de la ESO de cualquier centro de enseñanza de cualquier Comunidad Autónoma del Territorio español en el momento de presentar la solicitud de participación. 

Requisitos:

  • Nota Media igual o superior a 8,00 puntos en tercero de ESO 
  • Nota Final de la asignatura de inglés en tercero de ESO, igual o 
  • superior a 8,00 puntos.
  • Será requisito imprescindible  para  para este programa,  no haber disfrutado con anterioridad de un año académico en el extranjero, durante ninguno de los cursos equivalentes a 1º, 2º o 3º de ESO, con independencia del país en el que se haya estudiado dicho curso.


Documentación:  


  • Certificado de notas de Tercero de ESO, expedido por el centro de enseñanza.
  • Certificado de Renta:  Aportar documentación sobre la situación de renta per cápita de la unidad familiar, a través del envío de un certificado IRPF del último año fiscal, emitido por la Agencia Tributaria de la Administración Central o Foral correspondiente.
  • Enviar el formulario de inscripción debidamente cumplimentado con la documentación  requerida  y legible  a través de la  página  web www.becasestudiaencanada.org. En formato pdf. o jpg. con un tamaño máximo de 2 MB.

Proceso de selección:

Primera parte: Notas+ Renta (seleccionados 600 alumnos)
Segunda parte: Examen Escrito (pasarán 200 alumnos a la siguiente fase)
Segunda parte: Examen oral de tres minutos por Skype. (selección de alumnos definitivos).