martes, 22 de enero de 2013

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A FP DE GRAO MEDIO



  • Se tes dúbidas de que poidas acabar a ESO.
  • Se xa repetiches e non te vai demasiado ben.
  • Se pensas que te podería ir mellor en estudios de caracter mais profesional.
  • Se queres ter a experiencia de facer un examen alleo ao centro e totalmente gratuíto que nalgún momento te pode abrir as portas a estudios de Formación Profesional.

Se te atopas nalgunha destas situacións e cumpres os requisitos de idade (ter 17 anos ou cumplilos no ano natural de celebración da proba), DEBES SABER QUE....

Acaba de sair a resolución que regula as probas de acceso a formación profesional para este curso. A proba estructurase en tres partes:

  • Sociolingüística: Galego, Castelán e Ciencias Sociais.
  • Matemática
  • Cientifico-técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía


No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio podedes atopar toda a información necesaria (modelos de exames, contidos, criterios de avaliación, ficha de inscripción, etc.)

Datas de inscripción e lugares de inscripción: 25 de febreiro a 8 de marzo en calquera centro educativo que imparta formación profesional. Terás que presentar a folla de inscripción por duplicado para que o centro que a tramite te devolva unha copia selada desta.

É importante que saibades que para o alumnado que supera estas probas, os centros educativos están obrigados a reservar un 20% das prazas de cada ciclo. Esta proba non é equivalente ao Titulo de Graduado en Secundaria. Só se consigues rematar os estudios de FP terás a titulación de Técnico en Grao Medio que é unha titulación superior á do Graduado.

Terás que estar pendente da publicación de admitidos para realizar a proba así com do resto de comunicacións en "www.edu.xunta.es/fp".

A data de realización da proba será o 23 de Maio de 9:00 a 18:00 horas presentando o DNI e a copia da folla de solicitude de inscrición.




No hay comentarios: