jueves, 7 de febrero de 2013

Probas para a obtención do Título de Bacharelato para maiores de 20 anos

O vindeiro día 18 de comeza o prazo para realizar a inscrición nestas probas que rematará o 28 de febreiro. Podes facela no Centro EPA Eduardo Pondal de A Coruña (Edificio da UNED, ao lado da Escola Oficial de Idiomas).
As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 no mesmo centro onde realizas a inscrición. Recorda que debes cumprir os seguintes requisitos:


a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado
equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou
réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.

No hay comentarios: