miércoles, 22 de mayo de 2013

A Avaliación diagnóstica para alumnos/as


Pero que é a avaliación diagnóstica?

E unha avaliación (realización de probas) sen efectos académicos, é decir, que non se vai a ter en conta nas notas que levades trimestralmente a casa. Pero é fundamental que o fagades o mellor posible xa que o centro deberá de tomar decisións importantes en función dos vosos resultados. 

Cal será a finalidade principal?

  • Este curso vai a ser coñecer o nivel que tedes nas competencias matemáticas, lingüísticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.

Como serán as probas:

Teredes que respostar:

  • Tres caderniños: un de mate, outro de linguas, e un de coñecemento.
  • Un cuestionario de contexto.
  • Serán probas de lapis e papel e tamén audios para valorar a comprensión oral.
  • Os caderniños poden conter preguntas de opción múltiple (varias alternativas), preguntas abertas, e de resposta breve.

    HORARIOS DAS PROBAS:

MARTES 28 DE MAIO 2013
 8h.30min. Chamamento e colocación do alumnado nas aulas de Matemáticas e Relixión
 9h.00min. Competencia Matemática (60’)
 10h.00min. Descanso
 10h.20min. Chamamento e colocación
 10h.30min. Competencia no Coñecemento e interacción co mundo físico. (60’)
 11h.35min. Incorporación a clase co horario habitual.

MÉRCORES 29 DE MAIO DE 2013
 8h.30min. Chamamento e colocación
 8h.45min. Lectura do texto (Galego e Castelán)
 9h.00min. Competencia en comunicación lingüística (60’)
 10h.00min. Descanso
 10h.20min. Chamamento e colocación
 10h.30min. Cuestionario de contexto (45’)
 11h.20min. Incorporación a clase co horario habitual.

No hay comentarios: