sábado, 18 de mayo de 2013

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2013/2014

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2013/14.

A inscrición para realizar a proba realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:
  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
LEXISLACIÓN

No hay comentarios: