miércoles, 22 de mayo de 2013

Información sobre avaliación diagnóstica para as familias de 2º ESO


Nos vindeiros días 28 e 29 de Maio, o alumnado que está escolarizado en 2º da ESO, realizará no centro educativo unha proba de avaliación que a Administración Educativa ven a denominar “AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO”. Co obxecto de que coñezades en que consiste, remitímosvos a seguinte información:

A avaliación de diagnóstico consistirá na realización por parte do alumnado dunhas probas de avaliación sen efectos académicos, é decir, que non se van a ter en conta nas cualificacións que os vosos fillos/as levan trimestralmente a casa.

A finalidade principal será obter información sobre o nivel de desenvolvemento nas competencias matemática, lingüística e de coñecemento e interacción co mundo físico que posee o noso alumnado. Cada centro escolar poderá valorar os seus resultados e adoptar medidas de mellora, se fose o caso. Para as Administracións educativas este proceso permitirá coñecer a calidade do sistema educativo, en xeral.

Os instrumentos que se utilizaran nestas probas serán caderniños para valorar as diferentes competencias e cuestionarios de contexto dirixidos ao alumnado e ás familias. Os cuestionarios que vos corresponde cumplimentar farémolos chegar neses días a través dos vosos fillos/as así como a comunicación coas datas nas que deberán de ser devoltos.

No hay comentarios: