lunes, 3 de junio de 2013

TOMA DE DECISIÓN NO PASO DE 3º a 4º DA ESO

Neste curso promocionarás a 4º da ESO se estás nalgunha destas situacións:

  1. Aprobas todo ou tes como máximo 2 materias suspensas logo dos exames de setembro. Recorda que contan todas as pendentes non superadas de cursos anteriores. As materias de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía contan como unha.
  1. Se xa estás repetindo 3º ESO, promocionarás a 4º pero con pendentes e terás máis dificultades para afrontar o curso e polo tanto para titular.
Se te atopas nesta segunda situación é posible que o Departamento de Orientación, logo de escoitar a opinión do teu profesorado sobre a túa actitude na clase e a capacidade de esforzo, te propoña para incorporarte a un Programa de Diversificación Curricular.

Se xa tes repetido e non te atopas coa motivación necesaria para seguir intentando obter o Título de Graduado, podes incorporarte a un Programa de Cualificación Profesional Inicial, e dicir, prepararte inicialmente para un empleo e nun segundo curso obter o Titulo de Graduado. Podes solicitar máis información no Departamento de Orientación sobre modalidades, certificacións que se poden obter e centros onde cursalos.

Se pasas a 4º é importante que saibas que a decisión que tomes sobre as materias a cursar vai influir na vía educativa que curses rematada a ESO: tanto en Bacharelato como en Formación Profesional de Grao Medio.

POR ISTE MOTIVO É MOI IMPORTANTE REFLEXIONAR SOBRE O TEU FUTURO E COÑECER A INFORMACION QUE TE PRESENTAMOS

¿QUÉ SE CURSA EN 4º?

  • MATERIAS COMÚNS. Son obrigatorias, non se escollen.
  • MATERIAS OPCIONAIS OU TRONCAIS: As escolles ti en función dos intereses, as aptitudes e o que teñas pensado facer no futuro. Terás que escoller tres.
  • MATERIAS OPTATIVAS : Unha materia optativa completará a túa formación.
Para poder organizar mellor os recursos dos que dispón o centro, na folla de matricula atoparás o seguinte:

MATERIAS COMÚNS
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
  • Matemáticas
  • Educación Física
  • Educación Ético-Cívica


Elexir unha materia de cada un dos recadros (sen repetir materia)

1
2
3
4
Física e Química
Informática (20)
Latín
Educación Plástica
Bioloxía e Xeoloxia
Informática (20)
Música
Educación Plástica
Bioloxia e Xeoloxía
Física e Química
Francés (2ªL)
Inglés(2ªL)
Tecnoloxía
Cultura Clásica
Informática(20)
Francés (2ªL)
Tecnoloxía
Ob.Inic.Emprend


Terás que ter en conta que se cursaches en 3º da ESO Cultura Clasica ou Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras non poderás volver a escollelas en 4º.

Na folla de matricula terás que sinalar a túa opción relixiosa (Relixión ou Atención Educativa) así como sinalar a lingua que cursas como Primeira Lingua Estranxeira. .

¿QUÉ VARIABLES PODES TER EN CONTA PARA TOMAR A DECISIÓN?

-Pensar se vas facer un ciclo ou un bacharelato

Consulta a táboa das modalidades de Bacharelato. Cada modalidade de bacharelato ten unhas materias propias que é convinte que curses en 4º (se é o caso) para que teñas a base necesaria en 1º de Bacharelato. E cada Bacharelato está vinculado a uns estudios universitarios ou “GRAOS”.
O mesmo ocorre cos ciclos, hai materias máis adecuadas porque se relacionan co ciclo que queres cursar.

-Non é recomendable que escollas materias pensando no van a escoller os teus amigos xa que podes condicionar o teu futuro. 

- Pensa nas materias nas que acadaches mellores resultados o nas que a realización das súas actividades, traballos e tarefas gustáronche en maior medida.



Cursos de idiomas no estranxeiro 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de Cursos de idiomas no estranxeiro para os mozos/as de idades comprendidas entre 14 e 30 anos. Os idiomas ofertados son:

(Pica nos idiomas para ver lugares de realización, datas, duración e outras informacións de interese)

INGLÉS

ALEMÁN

FRANCÉS

ITALIANO

PORTUGUÉS

RUSO

Se estás interesado terás que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).

Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

SOLICITA O TEU CURSO 
  • Chamando ao teléfono 981 544 851.
  • Enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es