lunes, 3 de junio de 2013

Cursos de idiomas no estranxeiro 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de Cursos de idiomas no estranxeiro para os mozos/as de idades comprendidas entre 14 e 30 anos. Os idiomas ofertados son:

(Pica nos idiomas para ver lugares de realización, datas, duración e outras informacións de interese)

INGLÉS

ALEMÁN

FRANCÉS

ITALIANO

PORTUGUÉS

RUSO

Se estás interesado terás que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).

Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

SOLICITA O TEU CURSO 
  • Chamando ao teléfono 981 544 851.
  • Enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es

No hay comentarios: