domingo, 6 de octubre de 2013

Comenzamos a desenvolver as actividades do Plan Director de Convivencia.


Como en cursos anteriores, contamos coa colaboración da Garda Civil para desenvolver actividades que teñen por obxecto a mellora da convivencia. O alumnado de 1º da ESO, terá unha charla por trimestre para abordar diferentes temáticas como o acoso escolar,  a prevención de consumos non saúdables e os riscos de internet e a utilización das redes sociais. Precisamente este último tema será tratado cos demais alumnos da ESO durante o mes de xaneiro nunha sesión recordatorio.

Como complemento a estas actividades e en colaboración coa AMPA, organizaremos actividades para as familias que poídan estar interesadas.

  

No hay comentarios: