viernes, 20 de diciembre de 2013

II Convocatoria Programa de Becas Estudia en Canadá

Dende o 16 de decembro ata o 7 de febreiro, estará aberto o periodo de inscripción para o Programa Estudia en Canadá convocado pola Fundación Amancio Ortega. O programa está dirixido ao alumnado de 4º da ESO que estea interesado en estudar 1º de Bacharelato nun instituto canadiense. 

As inscripcións realizaranse únicamente a través da páxina web do programa. 


Asemade, podedes consultar na mesma páxina as bases, normativa e calendario. 

domingo, 15 de diciembre de 2013

Saída Complementaria do Departamento de Orientación.

O vindeiro mércores 18 de Decembro visitaremos en Palexco a Feira de Universidades UNITOUR 2013. Atoparemos espazos informativos reservados por universidades públicas e privadas para que o alumnado de 2º de Bacharelato poida recoller información sobre diferentes aspectos: accesos, plans de estudio, programas de becas e axudas, etc.  

Esperamos a vosa participación!!

martes, 10 de diciembre de 2013

E o día chegou...

Hoxe, martes 10 de decembro, públicase no BOE a Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. No seguinte enlace tedes o texto completo do documento.

http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf

Plan de Atención á Diversidade: Documento Base.


No seguinte enlace podedes descargar o Plan de Atención á Diversidade do instituto que recolle aspectos importantes como os criterios que utilizamos para distribuir os apoios, as medidas de atención que comtemplamos, etc.  A concreción deste plan realizarase con caracter anual e pode consultarse na programación anual do Departamento. 

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO IES MIRAFLORES

lunes, 9 de diciembre de 2013

Novo número da Revista Entre Estudiantes

Podedes consultar na Biblioteca o novo número da revista "Entre estudiantes", correspondente aos meses de novembro/decembro. Atoparedes información sobre:


  • Carreiras: Grao en Ciencias do Mar e Educación Social. 
  • Formación Profesional: Técnico Superior en Aloxamentos Turísticos. 
  • Artes Plásticas e Deseño: Técnico en Alfarería.
  • Emprego: Reportaxe sobre Paises que ofrecen emprego, Prácticas en empresas para universitarios e OpenCourse Ware. 



A sexualidade: Non é algo que temos, é algo que somos.


"A sexualidade: Non é algo que temos, é algo que somos" é o título da Mesa redonda que organiza o Concello de Oleiros o vindeiro xoves 12 de decembro no Auditorio de A Fábrica ás 19:30. 
Nela participarán Martín Vázquez, sociólogo e educador do programa de educación sexual de Oleiros, Vanesa Rodríguez Pousada, psicopedagoga e Ana María Luces Lago, matrona. Todos eles intentarán abordar o tema da sexualidade cos nosos fillos e fillas.

Seguro que é do voso interese.