martes, 21 de enero de 2014

Convocatoria das bolsas para participar nos Institutos de Verán Benjamin Franklin 2014 nos Estados Unidos de América

Requisitos:


  • Estudiantes españois.
  • Ter entre 16-18 anos.
  • Excelente coñecemento da lingua inglesa.
  • Nota de 7,5 no expediente.
  • Ter participado en actividades de voluntariado. 


Seleccionase un ou dous estudiantes españois que desexen e cumpran os requisitos para participar nun programa que ten por obxectivo promover as relacións entre novas xeracións europeas, asiáticas e norteamericanas. As actividades desenvolveranse entre o 28 de xuño e o 26 de xullo de 2014 nas universidades de Wake Forest en North Carolina e/ou na Universidade de Purdue en Indiana. Os participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de servizo comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. 
Deberán crear e entregar un vídeo de 2 minutos a través de YouTube no que expliquen o seu interese polo programa, o que consideran que aportarán e por que cren que deben ser seleccionados.
A data límite de entrega de solicitudes é o venres 28 de febreiro de 2014 ás 18 horas. A resolución publicarase durante o mes de abril.
Podes obter máis información no seguinte enlace 

No hay comentarios: