martes, 28 de enero de 2014

PROBAS DE INXENIO I



  1. ¿Cantos animais teño na casa sabendo que todos son cans menos dous, todos son gatos menos dous e todos son paxaros menos dous?
  1. Nun claro da selva os náufragos dun barco amontoaron 25 cocos. Un mono ladrón roubou todos menos 7 cocos. ¿Cántos cocos quedan?
  1. Un señor moi falador entra nun taxi, dille a dirección ó taxista e comeza a falar. O taxista ó cabo dun rato perde a paciencia e dille: “Síntoo moito señor, pero non oio nada do que di. Son xordo coma unha tapia e o meu audífono quedou sen pilas”. O señor cala, pero ó baixar do taxi deuse conta de que o conductor lle mentira. ¿Por qué se deu conta?
  1. A semana pasada conseguín apaga-la luz do meu dormitorio e chegar á cama antes de que a habitación quedase ás escuras. Dende o interruptor da luz á cama hai un pouco máis de 3 metros. ¿Como o fixen?
  1. Vostede é un taxista. O seu taxi é amarelo e negro e xa ten 7 anos. Unha das escobiñas do limpaparabrisas está rota e o carburador non funciona ben. No depósito caben 50 litros de gasolina e aproximadamente está pola metade. Coñecendo todos estes datos, poderías dicir que idade ten o taxista.
  1. Unha noite aínda que o meu tío estaba lendo un libro apaixónante a súa muller apagoulle a luz sen querer. El non protestou e aínda que a habitación estaba escura como o carbón meu tío seguiu lendo. ¿Como é posible?
  1. Esta mañá a María caeulle un pendente no café, e aínda que a cunca estaba chea o pendente non se mollou. ¿Como pode ser?
  1. O meu pai non levaba nin sombreiro nin paraugas, cando comezou a caer auga a cachón. A roupa empapóuselle pero non mollou nin un pelo da cabeza. Explícame como pode ser.
  1. ¿Como podo lanzar unha pelota de tenis de forma que recorra unha pequena distancia, pare e regrese polo camiño de ida, pero sen rebotar en ningún lado, nin atala nin golpeala con nada?
  1. Un señor conduce o seu coche e vai acompañado polo seu fillo pequeno. Teñen un accidente e o home morre e o fillo rompe a cadeira. Unha ambulancia lévao ó hospital e cando o cirurxián está a punto de operar di: “Non podo operar este rapaz. ¡É o meu fillo!”. Explícao.
  1. Unha señora esquece o permiso de conducir na casa. Non parou nun paso a nivel, ignorou unha sinal de dirección prohibida e viaxou en sentido contrario por unha rúa, e cando o semáforo se puxo encarnado para os automóbiles non o respectou. Un policía veu todo e non lle dixo nada. ¿Por que?
  1. ¿Que palabra de 15 letras tódolos que estamos neste instituto pronunciamos incorrectamente?
  1. Un tren sae de Barcelona cara a Madrid a 250 km por hora, ó mesmo tempo un tren sae de Madrid cara a Barcelona a 10 Km por hora. Cando se crucen ¿cal estará máis cerca de Madrid?
  1. Teño que pasar un lobo, unha ovella e unha leituga á outra marxe do río, pero só podo levar na barca un elemento de cada vez. ¿Como os levo de xeito que non queden nunca a ovella e o lobo sos (xa que este comería a ovella) nin a leituga coa ovella (xa que esta comería a leituga)?
  1.   ¿Como explicas que o meu pai sexa máis vello co meu avó?


No hay comentarios: