domingo, 12 de enero de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA TRABALLAR CO ALUMNADO CON DIFICULTADES ESCOLARES DERIVADAS DE DIVERSAS CIRCUNSTANCIAS.


Algúns alumnos, polas súas características ou circunstancias, teñen máis posibilidades de comportarse de manera desaxeitada, por iso vos propoñemos algunhas pautas sendo concientes de que o número de alumnos por aula dificulta a súa aplicación.

Recomendacións para dar instruccións:
  • Dar instruccións cortas, claras e concisas.
  • Asegurarse de que o alumno comprendeu as instruccións pedíndolle que diga o que ten que facer.
  • Recordar que a súa principal dificultade é a desorganización. Requiren supervisión diaria no manexo da axenda escolar para poder automatizar o proceso (revisar que as anotaciones das tarefas sexan correctas). Poñer as datas dos exames ou de entrega de traballos na pizarra para que poidan copialas.


Recomendacións para axudarlles a que rematen as tarefas:
  • Non asignar grandes cantidades de tarefas. Darllas pouco a pouco. Procurar explicar os enunciados. Ter en conta que estes alumnos se frustran máis rápidamente e o feito de non saber resolver as tarefas pode levarlles a abandonar ou descentrarse.
  • Recoñecer os esforzos, utilizar reforzo social. Deste xeito conseguiremos incrementar a súa autoestima.
  • Recoméndase cambiar de formatos, introducir con frecuencia novidades, para evitar a monotonía e o desinterese.

Recomendacións respecto da avaliación:


  • Respectar o tempo que o alumnado necesita para responder.
  • Permitir un tempo para pensar e preguntar dúbidas.
  • Reducir o número de preguntas por folla.
  • Destacar no enunciado as palabras clave.
  • Combinar diferentes formatos de pregunta nunha mesma proba: de desenvolvemento, verdadeiro/falso, completar un esquema, definicións, opción múltiple, frases para completar.
  • Verificar, na medida do posible, que o alumnado entende as preguntas.
  • Supervisar que responderon todo antes de que entreguen o exame. Adoitan deixar preguntas en branco e incluso esquécense de responder algún apartado, aínda que saiban a resposta.
  • Comtemplar outros tipos de exámenes como os orais para poder avaliar con maior eficacia o que sabe.







No hay comentarios: