viernes, 10 de enero de 2014

Saída complementaria: Visita á Universidade da Coruña.

O vindeiro venres 17 de Xaneiro, o Departamento de Orientación organizará unha saída á Universidade da Coruña. Está dirixida a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
Ao longo de toda a mañá, o alumnado distribuído en grupos segundo os seus intereses, realizará un dos seguintes itinerarios:

ITINERARIO A: Facultade de Informática, CCe Portos, Arquitectura Superior e Técnica, Facultades de Ciencias (Bioloxía e Química).

ITINERARIO B: Facultade de Empresariais, Socioloxía. Ciencias da Comunicación, Dereito, Ciencias da Educación e Filoloxía.

O obxectivo da visita é contribuir ao proceso de maduración vocacional do alumnado dando a coñecer a oferta educativa da Universidade da Coruña así como os servicios que ofrece e as súas instalacións.

No hay comentarios: