viernes, 7 de febrero de 2014

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4o curso de educación se-
cundaria obrigatoria
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2013/14 nas ensinanzas de edu-
cación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesio-
nal inicial.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 na educación secundaria para per-
soas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condi-
cións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensi-
nanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadri-
mestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no
segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos
ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que te-
ñan que presentar nova documentación.

MAIS INFORMACIÓN

No hay comentarios: