lunes, 31 de marzo de 2014

Sesión de Orientación Académica de 3º ESO

Se tedes en conta o calendario de aplicación da nova lei educativa, podedes ver que vos alcanzará en 1º de Bacharelato. Por este motivo, é importante que á hora de elixir as materias de 4º teñades en conta as novas modalidades de bacharelato e as asignaturas que as compoñen. Os seguintes cadros poden servir como un referente na toma de decisións:

Primer curso
ArteCienciasItinerario HumanidadesItinerario Ciencias Sociales
Lengua Castellana y Literatura I y, si la hubiere, lengua Cooficial y Literatura I.Lengua Castellana y Literatura I y, si la hubiere, lengua Cooficial y Literatura I.Lengua Castellana y Literatura I y, si la hubiere, lengua Cooficial y Literatura I.Lengua Castellana y Literatura I y, si la hubiere, lengua Cooficial y Literatura I.
FilosofíaFilosofíaFilosofíaFilosofía
Primera Lengua Extranjera IPrimera Lengua Extranjera IPrimera Lengua Extranjera IPrimera Lengua Extranjera I
Educación FísicaEducación FísicaEducación FísicaEducación Física
Fundamentos del Arte IMatemáticas ILatín IMatemáticas aplicadas a las ciencias sociales I
Historia del Mundo ContemporáneoFísica y QuímicaHistoria del Mundo ContemporáneoHistoria del Mundo Contemporáneo
Literatura universalDibujo técnico ILiteratura universalLiteratura universal
Cultura Audiovisual IBiología y GeologíaEconomíaEconomía
Griego IGriego I
Un mínimo de dos y un máximo de tres asignaturas específicas a escoger entre las que se relacionan a continuación de la tabla.Un mínimo de dos y un máximo de tres asignaturas específicas a escoger entre las que se relacionan a continuación de la tabla.Un mínimo de dos y un máximo de tres asignaturas específicas a escoger entre las que se relacionan a continuación de la tabla.Un mínimo de dos y un máximo de tres asignaturas específicas a escoger entre las que se relacionan a continuación de la tabla.
Asignaturas específicas a escoger en primero de bachillerato entre un mínimo de dos y máximo de tres, en función de la oferta de los centros docentes: Análisis Musical I, Anatomía aplicada, Cultura científica, Dibujo Artístico I,Dibujo Técnico I, Lenguaje y Práctica Musical,Religión,Segunda Lengua Extranjera I, Tecnología Industrial I, Tecnologías de la Información y la Comunicación I, Volumen, una materia del bloque de asignaturas troncales no cursada por el alumno o alumna.

A continuación tes a folla de matricula do IES Miraflores sobre a que imos traballar: 

DATOS DA/O ALUMNA/O

APELIDOS E NOME
Teléfonos de contacto:
Correo electrónico alumno

4º CURSO DE E.S.O.
Materias comúns
Materias opcionais

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (3 s.)
Educación Ético-Cívica (1 s.)
Educación Física (2 s.)
Lingua Castelá e Literatura (3 s.)
Lingua Galega e Literatura (3 s.)
Matemáticas (3 s.)
Titoría (1 s.) 
Lingua estranxeira (marcar unha, 3 s.)
Inglés
Francés

Elixir tres ou catro materias deste cadro (3s/c.u.)

Bioloxía e Xeoloxía
Educación Plástica e Visual
Física e Química
Informática
Latín
Música
Lingua estranxeira ( Francés  Inglés)
Tecnoloxía



Relixión (1 sesión):

Si Confesional (________________)
(especificar: católica, evanxélica, islámica, xudía..

 Non

Materia optativa (3s). Elixir unha ou ninguha

Cultura Clásica
2ª Lingua estranxeira ( Francés  Inglés)
Obradoiro de iniciativas emprendedoras

Nota: Só se pode repetir en 4º a optativa de 3º se é 2º Idioma

Oleiros, Abril de 2014



As materias opcionais ou optativas poderanse cursar cando haxa un grupo non inferior a 10 alumnos

Sección bilingüe: SI NON

Para cursar CC.SS.na sección bilingüe o alumnado ten que estar matriculado en Francés

Nota: A combinación de materias opcionais e optativas respetarse sempre que sexa posible confeccionar os horarios do centro.


Asdo.:

Respondemos as seguintes preguntas: 

1.Que materias cursaredes todos en 4º da ESO?
2. O alumno/a que escolla catro materias opcionais ten que escoller algunha do cadro de optativas?
3. Cal é a única materia optativa que se pode cursar en 3º e 4º?
4. Cantos alumnos/as teñen que solicitar unha materia optativa para que se poida impartir?.
5. Se a túa idea no futuro é escollar un bacharelato de Ciencias, que materias deberías de escoller?
6. Cantas sesións semanais hai de Lingua Castelá e Literatura?
7. Que materias serian máis idoneas para cursar un Bacharelato de Humanidades?

Se a túa idea e facer no futuro un Ciclo Formativo de Grao Medio, tamén deberás escoller as materias que te vinculen máis á familia profesional do teu ciclo. Por iso, imos reflexionar sobre as seguintes cuestións: 

1. Que materias debería de escoller se desexo facer un ciclo formativo de electromécanica de vehículos?
2. Que materias debería de escoller se desexo facer un ciclo formativo da familia profesional de Hostelería e Turismo?. 

Propostas para Verán 2014


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria.

A participación na oferta da Campaña de verán-2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de Carácter sociocultural, recreativo, formativo e convencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela

Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.VER ANEXO
2. Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:
Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
3. O incumprimento destas normas dará lugar á inadmisión da solicitude.
4. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
5. Persoas con discapacidade
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de abril de 2014.
Máis información: DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014



CALENDARIOS DE IMPLANTACIÓN DA NOVA LEI EDUCATIVA





PLANO DEL SISTEMA EDUCATIVO 2013/2014

viernes, 28 de marzo de 2014

Aberto o prazo para solicitar actividades de formación en linguas extranxeiras 2014

Ata o 28 de abril está aberto o prazo para solicitar participar nas actividades de formación en linguas extranxeiras convocadas pola Consellería de Educación. Poderán solicitar a participación nestas actividades todos os alumnos da ESO e Bacharelato dos centros educativos sostidos con fondos públicos. Outros requisitos xerais:

  • Ter superadas todas as materias do curso anterior.
  • Ter unha nota mínima de 6 en lingua inglesa no curso 2012/2013.


RESUMO DA CONVOCATORIA  (Número de pazas, modalidade de formación, presentación das solicitudes). 

martes, 11 de marzo de 2014

Convocadas axudas para cursos intensivos de inglés

Aberto o prazo para solicitar curso intensivo de inmersión lingüística en inglés en España para alumnado de Bacharelato. Requisitos, prazos e outras informacións no seguinte enlace

INFORMACIÓN

viernes, 7 de marzo de 2014

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL

A Consellería de Educación publicou onte a convocatoria para a realización de probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio e Superior. Na páxina edu.xunta.es/fp podedes atopar toda a información relativa a datas de inscripción, celebración das probas, etc.

CALENDARIO

Recorda que:

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan. Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
- Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida, nas condicións de admisión que se establezan.

jueves, 6 de marzo de 2014

Proceso de Admisión a Medicina na Universidade Europea de Madrid

A Universidade Europea de Madrid acaba de publicar o proceso de admisión para o grao en Mediciña. Deixovos a información por se calquera de vos estivera interesado. Nel poderedes atopar dende os plan de estudos, requisitos de acceso, probas de selección e prazos.

DESCARGAR FOLLETO

martes, 4 de marzo de 2014

Para alumnado de 1º ESO. AXUDAS "COLONIAS DE VERÁN"



O vindeiro 14 de Marzo remata o prazo para solicitar unha achega económica no Programa de Inmersión Lingüística  Colonias de verano 2014 do MEC.


 
Modalidades:
    • Grupo I: Alumnos en alguna de las siguientes situaciones:
      • a) Orfandad absoluta.
      • b) Con padre/madre/hermanos afectado(s) de minusvalía legalmente calificada (en grado superior al 65%) o padeciéndola el/la propio/a solicitante (en grado superior al 33%)
      • c) Pertenecer a familias cuyo sustentador principal se encuentre en situación legal de desempleo o con incapacidad permanente absoluta.
      • d) Pertenecer a familia numerosa o monoparental.
    • Grupo II: resto de alumnos
       
  • Destinatarios:
    Alumnos de 5º y 6º de Educación Primaria y 1º de ESO que cumplan los requisitos establecidos.
  • Nº de becas: 
    2.200 ayudas.
    • Grupo I:
      • 660 ayudas para la primera quincena de julio 2014
      • 660 ayudas para la segunda quincena de julio 2014
    • Grupo II:
      • 440 ayudas para la primera quincena de julio 2014
      • 440 becas para la segunda quincena de julio 2014
  • Requisitos:
    • a) Estar matriculado en el curso 2013/2014 en un centro sostenido con fondos públicos, en 5º o 6º de Educación Primaria o 1º de Educación Secundaria Obligatoria.
    • b) Tener, como máximo, 13 años a fecha 31 de diciembre de 2014.
    • c) Haber obtenido en el curso anterior (2012/2013) como mínimo:
      • una nota media de notable
      • una calificación de notable en la asignatura de inglés
    • d) No haber sido beneficiario de la ayuda en convocatorias anteriores.
       
  • Dotación:
    La ayuda contribuye al pago de los gastos de enseñanza, material, manutención y alojamiento; el beneficiario deberá abonar a la empresa organizadora 50€ (Grupo I) o 200€ (Grupo II). Los gastos de transporte hasta la instalación educativa corren por cuenta del beneficiario.
  • Duración:
    • Primera quincena: del 29 de junio al 13 de julio 2014
    • Segunda quincena: del 13 al 27 de julio 2014
  • Plazo de presentación
    • Desde: 26 de febrero de 2014
    • Hasta: 14 de marzo de 2014