lunes, 31 de marzo de 2014

Propostas para Verán 2014


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria.

A participación na oferta da Campaña de verán-2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de Carácter sociocultural, recreativo, formativo e convencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela

Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.VER ANEXO
2. Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:
Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
3. O incumprimento destas normas dará lugar á inadmisión da solicitude.
4. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
5. Persoas con discapacidade
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de abril de 2014.
Máis información: DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014



No hay comentarios: