viernes, 12 de junio de 2015

Sesión de Orientación Académica para 4º da ESO

Estás a piques de rematar 4º da ESO. Recorda que debes de aprobar todas as materias para obter o Título de Graduado. Logo da avaliación extraordinaria de setembro, se tes ata dúas materias avaliadas negativamente pero te presentaches a os exames e te esforzaches poderás obter  igualmente o Titulo de Graduado.

Se non obtiveches o Titulo e tes esgotadas as posibilidades de repetición deberás matricularte en Educacion de Adultos para poder obtelo. Hay moitas modalidades para facelo e poderás consultar no Departamento de Orientación a modalidade máis axustada ás túas necesidades. 

Co Titulo de Graduado tes básicamente dúas opcións académicas, ainda que unha delas ten un caracter máis profesionalizador: 

1. O Bacharelato
2. A Formación Profesional: Ciclo Formativo de Grao Medio. 

O BACHARELATO

  • O Bacharelato é unha etapa educativa non obligatoria, cunha duración de 2 cursos.
  • Recorda que deberás ter acadado o Título de Graduado. Se trás os exames de setembro o Equipo de Profes decide propoñerte para o título de Graduado de forma extraordinaria con unha ou dous materias xa que durante todo o curso te esforzaches e o examen de setembro estaba próximo ao aprobado, debes plantexarte se o Bacharelato é unha vía para tí, xa que require dun esforzo académico considerable.
  • A súa finalidade é orientar e preparar para estudos e formación posterior: Universidade, Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional, Ciclos de Grao Superior das Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas Superiores. 
  • De seguro coñeces que o vindeiro curso entra en vigor unha reforma educativa. Un dos curso afectados é 1º de Bacharelato. A día de hoxe non coñecem,os con exactitude como vai a quedar definitivamente este curso nin como se van a organizar os itinerarios no noso centro. Por ese motivo o que imos a falar poderá sufrir modificacións. 
As modalidades do BAC son:
  • Artes
  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • Ciencias

Coa finalidade de que o alumnado poida orientar a súa formación cara aos estudos desexados, faise unha distribución das materias en tres tipos. Imos ver o borrador no seguinte cadro:



  • Para a PROMOCIÓN ao 2º curso será necesario ter superadas todas as materias cursadas ou ter avaliación negativa como máximo en 2 materias. Se o alumnado promociona con materias suspensas, deberá superalas ao longo do 2º curso.
  • A PERMANENCIA máxima en réxime de escolarización ordinaria é de 4 cursos académicos. 
  • É moi importante elixir a modalidade e o itinerario que mellor se adapte á formación que se pense levar a cabo no futuro. Por esta razón, convén ter en conta:
  1. A coherencia entre as túas habilidades, preferencias, intereses e gustos persoais e as materias propias de cada modalidade.
  2. A elección dunha modalidade pode determinar a formación posterior. Pensa nos teus estudios posteriores ou na túa futura profesión.
  3. Observa a vinculación entre as modalidades de Bacharelato e as carreiras universitarias. http://ciug.cesga.es/PDF/ponderaciones15.pdf . Ainda que o sistema de acceso á Universidade cambie a importancia de cada materia respecto dos estudos superiores non debería de modificarse moito.  
  4. Na elección de materias hai que ter presente que para estudar algunhas materias no 2º curso é necesario telas cursadas no 1º curso. 



A FORMACIÓN PROFESIONAL 


A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio 
  • Ciclos Formativos de Grao Superior 


Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.

Podes consultar todas as familias profesionais e os ciclos que as configuran no seguinte enlace:


Como podes comprobar, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de
grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e, no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos. Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a un 20% das prazas ofertadas.

Para o Grao Superior haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato ou presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de celebración da mesma. Dita proba consta de dúas partes: unha Xeral (Lingua Galega, Castelá e Matemáticas) e outra Específica (as materias a avaliar serán diferentes en función do ciclo ao que se pretenda acceder).

Unha pregunta moi común:

¿Pode pasarse directamente a un Ciclo Formativo de Grao Superior tras a superación dun Ciclo de Grao Medio?.
Neste momento non é posible. En todo caso é certo que unha vez superado un Ciclo de Grao Medio o alumno que se presente á proba de acceso ao Grao Superior ten certas vantaxes como non ter que esperar a idade establecida ou quedar exento de facer os exames da parte Específica.

A Titulación

O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Técnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

E despois que...

Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio, poderías estudar Bacharelato ou presentarte á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.

A Titulación de Técnico Superior permite o acceso directo a estudos universitarios.

Recorda que se desexas cursar un Ciclo Formativo de Grao medio, poderás realizar unha prescripción online a partir do 17 de xuño e presentala no centro educativo onde se imparta o ciclo formativo que escollas como primeira opción. O prazo para realizar esta solicitude remata, aproximadamente o día 4 de xullo (APROXIMADAMENTE). A partir de ahi deberás de estar pendente á adxudicación de prazas na páxina "edu.xunta.es/fp", xa que terás só 48 horas para formalizar a matrícula ou presentar a túa renuncia.





No hay comentarios: