jueves, 24 de abril de 2014

II Campus de Verán Científico-Técnico en Lugo para alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH





O Campus de Verán Científico Técnico Lugo ten como obxectivos fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola Ciencia e a Tecnoloxía e informar das titulacións relacionadas con elas no Campus de Lugo e das súas saídas laborais. Será eminentemente práctico, con obradoiros e proxectos científicos ou técnicos nos que o alumnado terá un contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria.

O Campus terá lugar do 23 ao 27 de xuño de 2014 e vai dirixido ao alumnado de cursos altos de ESO e Bacharelato, preferentemente 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 40 EUR para o Campus sen aloxamento e 100–120 EUR con aloxamento. A matrícula inclúe a participación nas actividades conxuntas do campus e nun dos proxectos científicos ou técnicos, material necesario, seguro, xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. 

A preinscrición ábrese o día 28 de abril e finaliza o 11 de maio.





PREINSCRICIÓN (dende o 28 de abril). 

martes, 8 de abril de 2014

Convocatoria Axudas "Campus Científicos de Verano"

Convocatoria dirixida a alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía. 


Obxectivo da actividade: 

  • Ter unha primeira experiencia de contacto coa labor investigadora de varias universidades españolas ( Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Vigo, As Palmas de Gran Canaria, Huelva, etc)  
  • Incentivar o acceso dos estudiantes a titulacións científico-técnicas. 

Requisitos de participación: 

  • Ter nota media de alomenos 7,50 no curso 2012/13.
  • Ser nado con posterioridade ao 31 de decembro de 1996. 
Outros aspectos: 

  • Os Campus celebraranse entre o 29 de xuño e o 26 de xullo, en quendas de 7 días de duración. 
  • Importe da axuda: 234, 37E por alumno. Inclué póliza de seguro que cubra continxencias e responsabilidade civil.
  • O alumnado deberá abonar 80 E por matrícula e farase cargo dos traslados. 

Solicitudes: 


Vía telemática a través de www.campuscientificos.es


Ata o 26 de Abril !!



http://www.campuscientificos.es/index.php