jueves, 24 de abril de 2014

II Campus de Verán Científico-Técnico en Lugo para alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH





O Campus de Verán Científico Técnico Lugo ten como obxectivos fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola Ciencia e a Tecnoloxía e informar das titulacións relacionadas con elas no Campus de Lugo e das súas saídas laborais. Será eminentemente práctico, con obradoiros e proxectos científicos ou técnicos nos que o alumnado terá un contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria.

O Campus terá lugar do 23 ao 27 de xuño de 2014 e vai dirixido ao alumnado de cursos altos de ESO e Bacharelato, preferentemente 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 40 EUR para o Campus sen aloxamento e 100–120 EUR con aloxamento. A matrícula inclúe a participación nas actividades conxuntas do campus e nun dos proxectos científicos ou técnicos, material necesario, seguro, xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. 

A preinscrición ábrese o día 28 de abril e finaliza o 11 de maio.





PREINSCRICIÓN (dende o 28 de abril). 

No hay comentarios: