sábado, 31 de mayo de 2014

Rap contra o Acoso Escolar

A música máis alá de alegrarnos ou provocarnos emocións de diversos tipos, é utilizada por moitos artistas para trasmitirnos unha mensaxe como denunciar públicamente feitos da nosa vida cotiá que son inadmisibles. O maltrato nas súas diferentes formas(polo sexo, pola raza, ...) foi obxecto de moitos temas musicais que están na nosa cabeza. Hoxe, deíxovos, a proposta da profe Rosa, un rap contra o acoso escolar. Unha forma de "maltrato" que tamén é inadmisible.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Idiomas

A ensinanzas de idiomas teñen como finalidade adquirir e/ou ampliar a competencia lingüística nunha lingua estranxeira. Os certificados das ensinanzas de idiomas non conducen a titulación, agás o certificado que acredita que coñeces o idioma.


ESTRUCTURA DAS ENSINANZAS DE IDIOMAS



NIVEIS
DURACIÓN
ACCESO
OFERTA na EOI da Coruña
Básico
2 cursos
- Ter 16 anos
- Ter máis de 14 para estudar un idioma diferente ao cursado na ESO
Alemán
Francés
Inglés
Italiano
Portugués
Galego
Ruso
Árabe
Chinés
Xaponés
Español para estranxeiros
Intermedio
2 cursos
- Promoción de curso
- Directo por titulación
- Proba de acceso
- Título de BAC
Avanzado
2 cursos
- Promoción de curso
- Directo por titulación
- Proba de acceso


ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DA CORUÑA, r/ Pepín Rivero, nº 1. A Coruña.
Tfno: 981279100. Web: http://www.eoicoruna.org


Recorda que existe unha sección da Escola Oficial de Idiomas en Culleredo na que poderás cursar Inglés. 



Información del Centro Municipal de Formación laboral "Os Regos"

Cursos que se desenvolverán próximamente correspondientes a "Certificados de profesionalidad" de nivel 2, por lo que se requiere que tengan como mínimo la ESO y son:
-          Cociña  (HOTR0408) 838 horas, comienzo el 23 de junio con horario de 7:45 a 15:15 de L a V.
-          Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)  468 horas, comienzo el 17 de julio con horario de 9:00 a 14:00 de L a V
-          Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208), 488 horas, comienzo el 14 de julio con horario de 9:00 a 14:00 de L a V.

Los interesados deberían ir a la Oficina de empleo para inscribirse, lo antes posible. Este año van a tener preferencia para acceso a los cursos los menores de 30.

Ensinanzas deportivas


A finalidade destas ensinanzas é formar a adestradores, monitores e técnicos na ensinanza ou adestramento dunha modalidade deportiva concreta.


Estructura

Título
Niveis
Requisitos de acceso

Académicos

Deportivos





Grao Medio




Técnico Deportivo

1º: Proporciona coñecementos e habilidades para iniciar a deportistas e dirixir a súa participación en competicións


1º:
- Graduado en ESO - Ter 17 anos e superar unha proba.







- Superar unha proba específica (capacidades físicas e deportivas da especialidade)

- Cumprir cos requisitos deportivos que se marquen para a especialidade

2º: Dirixir deportistas e equipos de nivel básico e medio e participar na organización de competicións


2º: Superar o 1º nivel

Grao Superior

Técnico Deportivo Superior

Dirixir e coordinar técnicos deportivos de nivel inferior e adestrar deportistas e equipos de alto nivel


- Título de Téc. Deportivo de igual especialidade
- Título de BAC
- Ter 19 anos e superar unha proba.



Podes consultar a oferto no seguinte enlace: 

martes, 27 de mayo de 2014

Una propupuesta para el 28 de Mayo. Día Nacional de la Nutrición


El miércoles 28 de Mayo es el Día Nacional de la Nutrición por eso la ONG "Tierra de Hombres" pone en marcha por sexto año la Campaña de la Nutrición. Restaurantes y cafeterías que aparecen detalladas a continuación , se unen a la Campaña donando un tanto por ciento de la recaudación de ese día que servirá para gestionar los proyectos de nutrición infantil que Tierra de Hombres tiene en Africa y América Latina.


RESTAURANTES CAMPAÑA NUTRICION 2014

Restaurante La Terraza
Avd del Pasaje, 85-15006- A Coruña

Restaurante Monte de San Pedro
C/ Monte de San Pedro-San Pedro de Visma, 15011-A Coruña

Restaurante Estación
Estrada da Estación,51-15660-Cambre-A Coruña-

Restaurante A Peneira
Avd Calvo Sotelo nº 18 bajo 1004

Étnika´s
c/Orillamar 24 bajo A Coruña

Restaurantes Shemai s.a
-Cafeteria Hospital Materno Infantil A Coruña
-Cafeteria Complejo Hospitalario Universitario A Coruña

Restaurante Pablo Gallego
15001- A Coruña

Vinoteca-Pulpeira Riazor
c/Manuel Murguia 8 – 15011 A Coruña

Pizzerías Cambalache colabora con 3 restaurantes: Maria Pita, Orzan y Concepción Arenal

Si vais a alguno de ellos podeís decir que colaboráis con Tierra de Hombres. Si os apetece haceros una foto y la enviais con un breve comentario a lña siguiente dirección de correo electrónico.  vhv.deleg.galicia@tierradehombres.org. Tu foto saldrá publicada en Facebook.

lunes, 26 de mayo de 2014

Criterios de Promoción para 2º de Bacharelato.

Ao remate de 2º de BACHARELATO
O alumnado que ao finalizar o segundo curso teña avaliación negativa nalgunha ma­teria poderá:
a) Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
b) Matricularse de todas as materias de segundo, logo de solicitude á dirección do cen­tro, coa finalidade de mellorar as súas cualificacións.


A este alumnado consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.

jueves, 22 de mayo de 2014

Publicadas Sedes de realización das probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio.

O día 20 publicáronse as sedes onde se realizarán as probas de acceso a formación profesional de Grao Medio así como outras instrucións para a realización das probas. Deíxovos os enlaces:

SEDES

INSTRUCIÓNS

Avaliación de diagnóstico 2014.

Os vindeiros 3 e 4 de Xuño todo o alumnado de Galicia que cursa 2º da ESO teredes que realizar unha proba que a Administración Educativa denomina AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA”

Pero que é a avaliación diagnóstica?

E unha avaliación (realización de probas) sen efectos académicos, é decir, que non se vai a ter en conta nas notas que levades trimestralmente a casa. Pero é fundamental que o fagades o mellor posible xa que os resultados do centro vanse a coñecer na comunidade educativa e poderán ser comparados coa media dos obtidos por todos os centros galegos. 

Cal será a finalidade principal?
  • Este curso vai a ser coñecer o nivel que tedes nas competencias matemáticas, lingüísticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.
Como serán as probas:
 
Teredes que respostar:

  • Tres caderniños: un de mate, outro de linguas, e un de coñecemento.
  • Un cuestionario de contexto que ten por obxecto coñecer as vosas condicións sociais, académicas, etc. 
  • Un cuestionario de contexto.
  • Serán probas de lapis e papel e tamén audios para valorar a comprensión oral.
  • Os caderniños poden conter preguntas de opción múltiple (varias alternativas), preguntas abertas, e de resposta breve.
Horarios:

Día 3 de XUÑO (martes):

8:30. Presentación do alumnado e colocación nas aulas de Matemáticas. 
8:45. Proba de Competencia Matemática (60 min) 
9:45. Descanso . 
10:05. Chamamento e colocación 
10:15.Competencia no Coñecemento e Interacción co Mundo Físico (60 min)  .
11:15. Incorporación ás clases correspondentes co horario habitual.

Día  4 de XUÑO (mércores):

8:30. Presentación do alumnado e colocación nas aulas de Matemáticas. 
8:45. Lectura do texto (Galego e Castelán). 
9:00. Proba de Competencia Lingüística (60 min). 
10:00.Descanso.  
10:20. Chamamento e colocación.
10:30.Cuestionario de contexto (45 min).
11:15. Incorporación ás clases correspondentes co horario habitual.

Outros aspectos a ter en conta:

  • As probas chegarán ao centro en caixas precintadas que se abrirán no momento da aplicación da proba.
  • Serán correxidas por profesorado do centro preferentemente entre os que non vos diron clase o curso anterior.
  • Para garantir a calidade de todo este proceso haberá unha segunda corrección a centros seleccionados aleatoriamente por parte da Inspección Educativa.
  • As vosas familias deberán de cumplimentar tamén un cuestionario de contexto, polo que é fundamental que vaides falando na casa deste proceso.



Informacións de interese para alumnado de 2º de Bacharelato

Publicados os horarios de celebración das Probas de acceso á Universidade 2014 

ENLACE HORARIOS

Convocatoria de prazas en residencias e albergues da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o vindeiro curso:


Centro Residencial Xuvenil “LUG” en Lugo, 69 prazas

Ourense. Centro Residencial  "Florentino L. Cuevillas". 50 prazas

Vigo.  Centro Residencial "Altamar". 86 prazas. 

Solicitudes de prazas: Do 28 de xuño ao 15 de xullo. 


Convocatoria de prazas de aloxamento do Servicio Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela. 



miércoles, 21 de mayo de 2014

Finalista do Concurso de relatos do 25 Aniversario do IES Neira Vilas.

Non todos podían gañar o concurso, pero este relato de Ángela Bustos, emocionoume enormemente así que xunto co de Galia, desexo que teñan un recoñecemento público. 


"""Eu son Ángela, unha moza da vila. Como quen di unha “DON NADIE” porque ademais son pobre, de Oleiros, pero das pobres.

            Sempre pensei que os seres vivos ían morrer cando foran vellos, pois non. Cando tiña case 11 anos, e digo “case” porque aínda, non os  cumprira, uns meses antes de que viñera  maio do 2011, meu pai, Carlos, inmigrante dende moi pequeno e presidente do Patronato da Cultura Galega no Uruguai, deixounos.

Recordo ao meu pai xogando comigo á pelota, facendo os recados que lle mandaba a  miña nai, pero especialmente, lémbroo cando o acompañaba ao seu traballo. Non sei se o dixen, pero meu pai era artista, artista das plantas, flores, arbustos, e todo o que tiña que ver coa natureza. Contoume miña nai que “El” sempre quixo ser arquitecto pero un problema na súa man impediu que cumprira ese soño. En realidade, case foi mellor así porque, do contrario, eu non podería ter visitado os xardíns das casas ricas de Oleiros. Mentres que meu pai recortaba os arbustos e meu irmán Iago o axudaba, eu corricaba polo campo, arredor daquelas casas grandes, preciosas, sobre as que imaxinaba que habería dentro un lote de cousas luxosas. 

Acabo de buscar no dicionario unha palabra para definir o único defecto de meu pai e atopei “carneirán, gurrón, teimoso, teimudo, testalán”, é dicir, que meu pai era básicamente CABEZÁN. Os médicos recomendábanlle que coidara a súa saúde, que senón ía pagar as consecuencias. Pero como bo CABEZÁN fumaba sen parar: que non tiña tabaco…ía ao estanco, que o estanco estaba pechado…, pediao ao veciño.  E a ameaza, cumpriuse.

             A principios de maio o CABEZÁN cambiou de domicilio, empezou a pasar os seus días, coas súas horas de mañá, tarde e noite no hospital de A Coruña. Xogaba no seu ordenador  ás cartas e vía a tele.

Sempre tiven a esperanza de que volvera a casa san, pero as cousas cambiaron un día falando coa miña nai. Erguinme e pregunteille cando ía volver o papa á casa. Miroume e dixo: “non sei “.  Ese “non sei” non me gustou nada. Cada día que pasaba, a miña esperanza ía rematando. O “non sei” retumbaba na miña cachola como se fose un eco.

            Mentres que a miña nai, ía  visitalo todos os días ao hospital, Iago e mais eu estabamos no colexio, estudando, facendo as tarefas e exames do día a día. Esforzabámonos para que cando a   miña nai fose velo, puidese levar boas novas. Pensei que meu pai podería sanar cun 8 en galego, que as miñas notas serían un bo antídoto para a súa enfermidade.  

              E alá foi a miña nai, no autobús, como todos os días, seguindo a súa rutina, rumbo ao hospital. Cando regresou a casa, contoume que meu pai  se alegrara moito ao escoitar a noticia. Aquela noite, por fin, puiden durmir tranquila sabendo que lle puiden roubar un sorriso.  
 
Tres días máis tarde, un xoves pola noite, todos andabamos a durmir. De súpeto, soou o teléfono da casa; era meu tío Jorge, ou como lle chama a miña nai, Xurxo. Ao escoitar a súa voz parecíame estraña. Axiña preguntou por nós, e despois se estaba a miña nai. Eu contesteille que estaba durmindo, entón díxome que chamaría noutro momento. Colgou.

             Ao día seguinte, erguinme da cama, pero antes de que puidese ir a almorzar, veu  miña nai xunto a min. Recordarei o seu rostro toda a miña vida: as pequenas enrrugas voltaronse grandes, os ollos pequenos estaban inchados, vermellos  e  como se perdesen o seu brillo natural. A tristeza, invadía toda a súa cara. Naquel intre, só con mirala e sen necesidade de que falase, souben o que me viña a dicir. Con toda a súa dozura, comezou a falar:

-¿Sabes por que o teu tio chamou onte á noite?.

Como se o meu inconsciente me traicionase, negueino rotundamente. Nunca existira tal chamada.

Para que volvese á realidade, colleume, miroume aos ollos e dixo:

-"Papa faleceu”.

E outra vez retornei ao meu mundo de fantasia. A noticia non podía ser certa alomenos para a miña mente.

Parece que todas as conversas que tiveramos do tema nos días anteriores non chegaran a min, non sabía como reaccionar. Sempre pensara que estaba preparada para ese momento, pero un nunca está preparado para a morte dun ser querido, e menos dun pai.

  Aquel día foi o máis importante da miña vida, xa que aprendín, grazas a miña nai, que " Péchase unha porta pero abrese unha ventá”. Isto se refire a que cando se cega unha porta de oportunidade, de alegria ou de amor, abrirase a ventá das novas oportunidades a momentos felices ou dun novo amor.
 
  A pesar do tempo, nunca esquecerei ao meu pai, xa que grazas a el puiden aprender moitos misterios da vida, e so podo dicir unha cousa: “Grazas Papá por crearme na túa vida pero, sobre todo, por formar parte da miña. Nunca esquezas que sempre te quererei ainda que non esteas xunto a mín”.


A morte dun pai te cambia a vida por completa; é desas cousas que nunca podes imaxinar que che van pasar, pero pasan, dou fe. Tamén me din conta de que as notas da escola non serven para as cousas importantes""". 

Relato gañador do Concurso de Relatos do 25 Aniversario do IES Neira Vilas.

Galia Usatorre, de 1º da ESO,  foi a gañadora do Concurso de relatos do 25 Aniversario do IES Neira Vilas na súa categoría. Parabéns por emocionarnos!!.

A pequena Galia, naceu en Bulgaria hai trece anos, e a súa historia é única, como cada
unha das historias dos nenos que chegan a este mundo.
E a súa historia especial merece ser contada....
A pequena Galia chegou un bo día á casa dos seus pais, despois de cruzar un montón de
grandes nubes brancas e amolecidas, de trazar unha liña recta e perfecta sobre o ceo,
teito de mil paisaxes diferentes, e de sobrevoar tellados feitos de madeira, palla e
formigón.
¡A pequena Galia chegou á súa casa... en avión!
Ela non sabía porque estaba tan soa no seu país. Onde estaban os seus pais?
Había meses que vivía no orfanato María Luiza de Buzovgrad, en Stara Zagora, unha
bonita rexión de Bulgaria, rodeada de grandes e fermosos vales de rosas, que utilizan
para elaborar colonias, cremas e outros cosméticos con este aroma. Un lugar entrañable,
nun país milenario situado en Europa e no que os seus habitantes teñen os ollos escuros
e a pel de cor melocotón.
Un bo día chegou ao orfanato un paxaro coas plumas de moitas cores, uns ollos escuros
e saltons. Achegouse á ventá entreaberta do cuarto onde durmía Galia e golpeouna tres
veces. Toc, toc,toc... Galia abriu os ollos e coas súas pequenas mans, envolveu o
paxaro. Este díxolle que se chamaba Karaba, e que era un paxaro mensaxeiro, que viña
a contarlle unha historia e a traerlle noticias.
Karaba, empezou a contarlle a Galia, que cando os paxariños pequenos caían do seu
nido, estes esperaban a que un paxaro maior os recollese do chan e os levase ás ramas
da árbore, para así poder iniciar unha nova vida noutro nido. Os seus novos papas
alimentaríanlles, coidarían e daríanlles a calor necesaria ata que se fixesen maiores e
fortes para así aprender a voar e poder facer os seus propios nidos nas ramas doutras
árbores.
Galia despois de escoitar esa historia, pregúntolle a Karaba, que onde estaba o seu nido.
E así é como se decatou da gran noticia, Karaba díxolle que á mañá seguinte virían papa
e mama a recollela, para levala ao seu novo fogar nun lugar precioso chamado Oleiros.
Un lugar afastado ao que viaxaría en avión.
Á mañá seguinte abriuse a porta do seu cuarto, e apareceron dúas persoas moi especiais,
que a partir dese día - 21 de decembro de 2003 - lles chamaría Papa e Mama. Foi un día
moi especial, Galia tiña tres anos e medio, e nese momento tal foi a súa emoción e
alegría que lle resplandecían eses bonitos ollos negros coma se do sol se tratase.
Abalanzouse cara a eles para abrazalos, e enchérona tanto de bicos e caricias, que as
súas meixelas arrubiaron. Galia sabía que para ela empezaba unha nova vida, chea de
alegría e sobre todo no seu novo fogar e coa súa familia.
Aquel día comenzou a viaxe da súa vida, ese grande avión de cor branca, levaríaa ao seu
novo fogar, esperábana para recibila con moita alegría toda a familia. A viaxe foi
fantástica, recordoulle a historia de Karaba, cando sobrevoaban as grandes nubes
brancas e de cando en vez vía dende a pequena ventá do avión, alí abaixo, as montañas,
as estradas, as casas... Por fin chego ese momento tan esperado, Galia chegaba ao seu novo nido, ese fogar tan
desexado, para así formar esa gran familia. Situado na provincia da Coruña, un precioso
pobo chamado Oleiros, Lugar que vería crecer a esa fermosa "Rosa de Bulgaria".
Esta é a historia da viaxe máis importante que realicei na miña vida. Un longo recorrido
co único obxectivo de conseguir a felicidade, o amor e o cariño dos meus pais. 

sábado, 17 de mayo de 2014

Sesión de Orientación Académica para alumnado de 1º da ESO.

Seguro que tedes a sensación de que acabades de aterrizar no instituto e xa está a rematar o curso. En nada deixaredes de ser os "pequenos".

Recordade que este ano se non aprobades todo en xuño, tedes a oportunidade de recuperar as materias na convocatoria extraordinaria do mes de setembro. A finais de xuño ou principios de xullo xa teredes o calendario coas datas e os horarios dos exámes nos taboleiros do centro ou na páxina web.

Pasados esos exámes teredes que recoller as cualificacións. Ainda que xa o falamos nalgunha sesión de titoría, aproveito para recordarvos que:

Pasaredes a 2º da ESO con todo aprobado, con 1 ou 2 materias avaliadas negativamente.

Se vos queda algunha materia pendente de recuperar, teredes que facelo o próximo curso. Os xefes dos distintos departamentos didácticos vos facilitarán as pautas para recuperar. Tamén podedes atopar toda a información nos taboleiros informativos.

Xa en 2º da ESO teredes as seguinte materias:


  • Lingua Castelá e Literatura.
  • Lingua Galega e Literatura. 
  • Primeira Lingua Extranxeira. 
  • Matemáticas.
  • Ciencias da Natureza
  • Ciencias Sociais, Xeografia e Historia. 
  • Música.
  • Educación para a Cidadanía.
  • Educación Física.
  • Tecnoloxía.
  • Segunda Lingua Extranxeira ou Reforzo. Esta opción non a escolledes vós. É obligatorio cursar a materia de 2º LE; só nalgúns casos o Equipo de Profes e o Departamento de Orientación poden propoñervos solicitar unha exención e, en consecuencia, cursar Reforzo,
  • Relixión/Atención Educativa ou Historia das relixións. Recordade que podedes cursar unha opción diferente a que escollestes neste curso. 

Tamén teredes unha hora directa de titoría para falar dos vosos problemas e tratar temas que vos interesen.

Estudiar 1º de Bach en EEUU

Algunos alumnos de 4º habéis venido al Departamento estos días a solicitar información para cursar 1º de Bachillerato en EEUU por eso os dejamos esta entrada con algunas sugerencias generales. 

Existe un gran número de agencias que se dedican a organizar años escolares en el extranjero tanto en EEUU y Gran Bretaña. Como en otros países de habla inglesa. Por este motivo es fundamental asegurarse de que sea una empresa homologada por el país correspondiente.
En el caso de EEUU es muy fácil porque en la página web de su Embajada en España aparecen todas las agencias homologadas así como sugerencias para le elección y los requisitos del programa de intercambio. 


Por lo que he consultado en algunas agencias, respecto a este país hay dos opciones:

  • Realizar la estancia en un colegio privado de la agencia pero con estudios homologados en el que el alumno estaría interno (esto valdría para Bachillerato).
  • Realizar la enseñanza en un colegio público y viviendo con una familia. En esta modalidad podría cursarse además de Bachillerato, 4º de la ESO.

Los servicios básicos que incluyen todas las agencias, además de la matriculación en un High School público o colegio privado y estancia en una familia anfitriona o internado, suelen ser: entrevista de selección y prueba de nivel, reunión de orientación en España y en Estados Unidos y supervisión por parte de la agencia durante toda la estancia. Sin embargo, hay algunos servicios fundamentales, como la gestión del visado de estudiante de intercambio o la tramitación de la convalidación de estudios en España que no incluyen muchas agencias y que son importantes a la hora de decidirse. A continuación tenéis unas orientaciones que pueden servir para valorar lo que cada agencia os ofrece y para daros mayor seguridad.

Verificar si están incluidos o no en el precio del programa:

  • Desplazamientos aéreos: vuelos ida/vuelta desde España al pais elegidoy vuelos internos al destino en el caso de que se elija Estados Unidos.
  • Gastos de gestión.
  • Tramitaciones y tasas de visados así como de las convalidaciones de estudios en el Ministerio de Educación en Madrid.
  • Seguros obligatorios: medico y de enfermedad, responsabilidad civil.
  • Gastos escolares: transporte,uniforme si se trata de un colegio privado, libros de texto y comidas en el centro escolar.
  • Sesiones de encuentro orientativas en España y en el paés al que va el alumno.
  • Servicio de atención permanente (24 horas) y supervisión del estudiante por un coordinador .
  • Estancias de vacaciones (en el caso de internados).
  • Plan de financiación, descuentos o becas.
  • Posibilidad de cambio de familia, si el alumno no está a gusto.
  • Información y tramitación de la selectividad en el caso de que sea Bachillerato lo que se vaya a cursar..
  • Acompañamientos aéreos dentro de Estados Unidos.
Recordad igualmente que desde este curso ha cambiado la ley en relación a las exenciones de Lingua Galega. Si vais a estudiar 1º de Bachillerato y regresais a España, tendréis que cursar y examinaros de dicha materia.   

miércoles, 14 de mayo de 2014

Sesión de Orientación Académica para 2º da ESO

A Reforma Educativa non suporá cambios na estructura de 3º da ESO de cara ao curso 2014/2015.

Recordade que podedes pasar a 3º da ESO con dúas materias avaliadas negativamente, como máximo, ainda que é importante que non levedes materias pendentes xa que a dificultade dos cursos vai aumentando.

Cursaredes as seguintes materias:


  • Lingua Galega e Literatura
  • Lengua Castellana y Literatura.
  • Lengua Extranjera (Inglés o Francés, a que cursachedes en 1º e 2º como primeira opción). 
  • Ciencia Sociais, Xeografía e Historia. 
  • Bioloxía-Xeoloxía.
  • Física e Química.
  • Matemáticas.
  • Educación Física. 
  • Educación Plástica e Visual. 
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Relixión ou Atención Educativa (recordade que podedes cambiar anualmente esta opción).
Ademais teredes unha hora de atención directa co titor/a: TITORÍA. 

Na folla de matrícula atoparedes 3 materias optativas das que teredes que escoller 1. As opcións son: 

  • 2ª Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés).
  • Cultura Clásica 
  • Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. 
No próximo curso poderedes escoller cursar "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia" en "Francés". É fundamental que se queres escoller esta opción curses "Francés" como materia optativa.

Recorda que para promocionar a 3º da ESO tes que ter, tras a convocatoria de setembro, todo aprobado ou como máximo dúas materias con avaliación negativa. Estas materias deberás de recuperalas durante o curso seguinte. 

Xa o comentaremos o próximo curso pero os adianto que para pasar a 4º as materias de Física/Química e Bioloxía/Xeoloxía contan como unha materia. 

Xa sabedes que podedes consultar as dúbidas no Departamento de Orientación ou enviando un comentario neste enlace. 

Animo que está rematando o curso, xa estades un pouco máis preto de obter o Título de Graduado. 

martes, 13 de mayo de 2014

Oferta Formativa do centro "López y Vicuña".

O Centro concertado "López y Vicuña" oferta para o curso 2014/2015 os seguintes estudos:

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO DE "XESTIÓN ADMINISTRATIVA"
  • CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR DE "EDUCACIÓN INFANTIL".  



jueves, 8 de mayo de 2014

INFORMACIÓN SELECTIVIDADE 2014


O alumnado de 2º de Bacharelato que non asistiu a charla do Departamento de Orientación poden descargar nos seguintes enlaces os materiais que se explicaron.


DESCARGAR CUADERNILLO SELECTIVIDADE

INSTRUCIÓNS NERTA

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

NOTAS DE CORTE E OFERTA DE PRAZAS 2013/2014

BECAS MEC

II Jornada de Puertas Abiertas Escuela de Ingeniería Industrial. Universidad de Vigo.

El próximo 17 de Junio de 2014 la Escuela de Ingeniería Industrial de la Universidad de Vigo abrirá sus puertas a todos aquellos alumnos de Bachillerato y Ciclos Superiores que estén interesados en conocer la oferta formativa e instalaciones de la Escuela. De momento os dejo este video sobre su oferta educativa. 



Podréis encontrar más información sobre la estos estudios en la WEB. Recordad que si deseáis asistir a las jornadas de puertas abiertas debéis cubrir un formulario de inscripción.   

domingo, 4 de mayo de 2014

Tercera Sesión de Orientación para 4º de la ESO

Como falamos en sesións anteriores independientemente de que cursedes Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Medio, comenzades unha etapa de ensino NON OBRIGATORIO. Recordade que para esta etapa existen becas e axudas por diferentes conceptos: maeriais e libros, transporte, etc. Habitualmente a convocatoria do MEC sae no mes de agosto. Deberás estar pendente no seguinte enlace:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato.html

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/formacion-profesional.html

REPASO DAS FOLLAS DE MATRÍCULA






SEGUNDA SESIÓN ORIENTACIÓN 4º ESO: FORMACIÓN PROFESIONAL

A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio 
  • Ciclos Formativos de Grao Superior 


Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.

Podes consultar todas as familias profesionais e os ciclos que as configuran no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Como podes comprobar, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de
grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e, no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos. Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a un 20% das prazas ofertadas.

Para o Grao Superior haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato ou presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de celebración da mesma. Dita proba consta de dúas partes: unha Xeral (Lingua Galega, Castelá e Matemáticas) e outra Específica (as materias a avaliar serán diferentes en función do ciclo ao que se pretenda acceder).

Unha pregunta moi común:

¿Pode pasarse directamente a un Ciclo Formativo de Grao Superior tras a superación dun Ciclo de Grao Medio?.
Neste momento non é posible. En todo caso é certo que unha vez superado un Ciclo de Grao Medio o alumno que se presente á proba de acceso ao Grao Superior ten certas vantaxes como non ter que esperar a idade establecida ou quedar exento de facer os exames da parte Específica.

A Titulación

O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Técnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

E despois que...

Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se
inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se
pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio, poderías estudar Bacharelato ou
presentarte á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.

A Titulación de Técnico Superior permite o acceso directo a estudos universitarios.

Recorda que se desexas cursar un Ciclo Formativo de Grao medio, poderás realizar unha prescripción online a partir do 17 de xuño e presentala no centro educativo onde se imparta o ciclo formativo que escollas como primeira opción. O prazo para realizar esta solicitude remata, aproximadamente o día 2 de xullo. A partir de ahi deberás de estar pendente á adxudicación de prazas na páxina "edu.xunta.es/fp", xa que terás só 48 horas para formalizar a matrícula.

http://www.edu.xunta.es/fp/que-facer-para-matricularse