jueves, 22 de mayo de 2014

Avaliación de diagnóstico 2014.

Os vindeiros 3 e 4 de Xuño todo o alumnado de Galicia que cursa 2º da ESO teredes que realizar unha proba que a Administración Educativa denomina AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA”

Pero que é a avaliación diagnóstica?

E unha avaliación (realización de probas) sen efectos académicos, é decir, que non se vai a ter en conta nas notas que levades trimestralmente a casa. Pero é fundamental que o fagades o mellor posible xa que os resultados do centro vanse a coñecer na comunidade educativa e poderán ser comparados coa media dos obtidos por todos os centros galegos. 

Cal será a finalidade principal?
  • Este curso vai a ser coñecer o nivel que tedes nas competencias matemáticas, lingüísticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.
Como serán as probas:
 
Teredes que respostar:

  • Tres caderniños: un de mate, outro de linguas, e un de coñecemento.
  • Un cuestionario de contexto que ten por obxecto coñecer as vosas condicións sociais, académicas, etc. 
  • Un cuestionario de contexto.
  • Serán probas de lapis e papel e tamén audios para valorar a comprensión oral.
  • Os caderniños poden conter preguntas de opción múltiple (varias alternativas), preguntas abertas, e de resposta breve.
Horarios:

Día 3 de XUÑO (martes):

8:30. Presentación do alumnado e colocación nas aulas de Matemáticas. 
8:45. Proba de Competencia Matemática (60 min) 
9:45. Descanso . 
10:05. Chamamento e colocación 
10:15.Competencia no Coñecemento e Interacción co Mundo Físico (60 min)  .
11:15. Incorporación ás clases correspondentes co horario habitual.

Día  4 de XUÑO (mércores):

8:30. Presentación do alumnado e colocación nas aulas de Matemáticas. 
8:45. Lectura do texto (Galego e Castelán). 
9:00. Proba de Competencia Lingüística (60 min). 
10:00.Descanso.  
10:20. Chamamento e colocación.
10:30.Cuestionario de contexto (45 min).
11:15. Incorporación ás clases correspondentes co horario habitual.

Outros aspectos a ter en conta:

  • As probas chegarán ao centro en caixas precintadas que se abrirán no momento da aplicación da proba.
  • Serán correxidas por profesorado do centro preferentemente entre os que non vos diron clase o curso anterior.
  • Para garantir a calidade de todo este proceso haberá unha segunda corrección a centros seleccionados aleatoriamente por parte da Inspección Educativa.
  • As vosas familias deberán de cumplimentar tamén un cuestionario de contexto, polo que é fundamental que vaides falando na casa deste proceso.



No hay comentarios: