miércoles, 21 de mayo de 2014

Relato gañador do Concurso de Relatos do 25 Aniversario do IES Neira Vilas.

Galia Usatorre, de 1º da ESO,  foi a gañadora do Concurso de relatos do 25 Aniversario do IES Neira Vilas na súa categoría. Parabéns por emocionarnos!!.

A pequena Galia, naceu en Bulgaria hai trece anos, e a súa historia é única, como cada
unha das historias dos nenos que chegan a este mundo.
E a súa historia especial merece ser contada....
A pequena Galia chegou un bo día á casa dos seus pais, despois de cruzar un montón de
grandes nubes brancas e amolecidas, de trazar unha liña recta e perfecta sobre o ceo,
teito de mil paisaxes diferentes, e de sobrevoar tellados feitos de madeira, palla e
formigón.
¡A pequena Galia chegou á súa casa... en avión!
Ela non sabía porque estaba tan soa no seu país. Onde estaban os seus pais?
Había meses que vivía no orfanato María Luiza de Buzovgrad, en Stara Zagora, unha
bonita rexión de Bulgaria, rodeada de grandes e fermosos vales de rosas, que utilizan
para elaborar colonias, cremas e outros cosméticos con este aroma. Un lugar entrañable,
nun país milenario situado en Europa e no que os seus habitantes teñen os ollos escuros
e a pel de cor melocotón.
Un bo día chegou ao orfanato un paxaro coas plumas de moitas cores, uns ollos escuros
e saltons. Achegouse á ventá entreaberta do cuarto onde durmía Galia e golpeouna tres
veces. Toc, toc,toc... Galia abriu os ollos e coas súas pequenas mans, envolveu o
paxaro. Este díxolle que se chamaba Karaba, e que era un paxaro mensaxeiro, que viña
a contarlle unha historia e a traerlle noticias.
Karaba, empezou a contarlle a Galia, que cando os paxariños pequenos caían do seu
nido, estes esperaban a que un paxaro maior os recollese do chan e os levase ás ramas
da árbore, para así poder iniciar unha nova vida noutro nido. Os seus novos papas
alimentaríanlles, coidarían e daríanlles a calor necesaria ata que se fixesen maiores e
fortes para así aprender a voar e poder facer os seus propios nidos nas ramas doutras
árbores.
Galia despois de escoitar esa historia, pregúntolle a Karaba, que onde estaba o seu nido.
E así é como se decatou da gran noticia, Karaba díxolle que á mañá seguinte virían papa
e mama a recollela, para levala ao seu novo fogar nun lugar precioso chamado Oleiros.
Un lugar afastado ao que viaxaría en avión.
Á mañá seguinte abriuse a porta do seu cuarto, e apareceron dúas persoas moi especiais,
que a partir dese día - 21 de decembro de 2003 - lles chamaría Papa e Mama. Foi un día
moi especial, Galia tiña tres anos e medio, e nese momento tal foi a súa emoción e
alegría que lle resplandecían eses bonitos ollos negros coma se do sol se tratase.
Abalanzouse cara a eles para abrazalos, e enchérona tanto de bicos e caricias, que as
súas meixelas arrubiaron. Galia sabía que para ela empezaba unha nova vida, chea de
alegría e sobre todo no seu novo fogar e coa súa familia.
Aquel día comenzou a viaxe da súa vida, ese grande avión de cor branca, levaríaa ao seu
novo fogar, esperábana para recibila con moita alegría toda a familia. A viaxe foi
fantástica, recordoulle a historia de Karaba, cando sobrevoaban as grandes nubes
brancas e de cando en vez vía dende a pequena ventá do avión, alí abaixo, as montañas,
as estradas, as casas... Por fin chego ese momento tan esperado, Galia chegaba ao seu novo nido, ese fogar tan
desexado, para así formar esa gran familia. Situado na provincia da Coruña, un precioso
pobo chamado Oleiros, Lugar que vería crecer a esa fermosa "Rosa de Bulgaria".
Esta é a historia da viaxe máis importante que realicei na miña vida. Un longo recorrido
co único obxectivo de conseguir a felicidade, o amor e o cariño dos meus pais. 

No hay comentarios: