domingo, 4 de mayo de 2014

SEGUNDA SESIÓN ORIENTACIÓN 4º ESO: FORMACIÓN PROFESIONAL

A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio 
  • Ciclos Formativos de Grao Superior 


Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.

Podes consultar todas as familias profesionais e os ciclos que as configuran no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Como podes comprobar, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de
grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e, no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos. Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a un 20% das prazas ofertadas.

Para o Grao Superior haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato ou presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de celebración da mesma. Dita proba consta de dúas partes: unha Xeral (Lingua Galega, Castelá e Matemáticas) e outra Específica (as materias a avaliar serán diferentes en función do ciclo ao que se pretenda acceder).

Unha pregunta moi común:

¿Pode pasarse directamente a un Ciclo Formativo de Grao Superior tras a superación dun Ciclo de Grao Medio?.
Neste momento non é posible. En todo caso é certo que unha vez superado un Ciclo de Grao Medio o alumno que se presente á proba de acceso ao Grao Superior ten certas vantaxes como non ter que esperar a idade establecida ou quedar exento de facer os exames da parte Específica.

A Titulación

O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Técnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

E despois que...

Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se
inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se
pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio, poderías estudar Bacharelato ou
presentarte á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.

A Titulación de Técnico Superior permite o acceso directo a estudos universitarios.

Recorda que se desexas cursar un Ciclo Formativo de Grao medio, poderás realizar unha prescripción online a partir do 17 de xuño e presentala no centro educativo onde se imparta o ciclo formativo que escollas como primeira opción. O prazo para realizar esta solicitude remata, aproximadamente o día 2 de xullo. A partir de ahi deberás de estar pendente á adxudicación de prazas na páxina "edu.xunta.es/fp", xa que terás só 48 horas para formalizar a matrícula.

http://www.edu.xunta.es/fp/que-facer-para-matricularse

No hay comentarios: