lunes, 11 de mayo de 2015

Sesión de Orientación Académica para 1º de Bacharelato.

A promoción a 2º 
  • O alumnado que en primeiro de bacharelato supere todas as materias ou obteña avaliación negativa en unha ou dúas promocionará a 2º curso. 
  • Cando obteña avaliación negativa en máis de dúas materias deberá cursar de novo o curso completo e será cualificado en todas as ma­terias, agás no suposto de que algunha das materias xa superadas deixase de ser impartida no centro. Neste caso poderase manter a cualificación obtida sen necesidade de matricularse nunha nova materia.
  • O alumnado con tres ou catro materias avaliadas negativa­mente no primeiro curso de bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova cualificación sexa inferior (Sé continua o acordo do Claustro).En calquera caso, este alumnado estará suxeito aos mesmos dereitos e obrigas que o alumnado que se matricula por primeira vez no bacharelato e a cualificación de materias xa superadas outorgarase na avaliación final ordinaria. 
Estructura de 2º curso: 

Ao igual que en 1º de Bacharelato atoparás materias comúns, de modalidade e optativas. 


Materias Comúns
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Lingua Galega e LIteratura.
  • Lingua Extranxeira
  • Historia de España
  • Historia da Filosofía 
  • Relixión/Atención Educativa


    Materias de modalidade.

    Cursarás tres ou catro (no caso de que escollas como materia optativa unha  máis de modalidade).  VER CADRO XERAL DE BACHARELATO.




    Materia

    Modalidades do Bacharelato


    Ciencias e Tecnoloxía

    Humanidades e CC.SS
    Artes
    A. Plásticas, deseño e imaxe
    A. Escénicas, Música e Danza

    C

    CC. para o Mundo Contemporáneo- Filosofía e Cidadanía- Lingua Galega e Lit. I- Lingua Castelá e Lit. II- Educación Física- Lingua Estranxeira I- Relixión/Activ Estudio

    Moda ( 3)

    -Matemáticas1

    - Bioloxía e Xeoloxía
    - Debuxo Técnico I2
    - Física e Química
    - Tecnoloxía Industrial I


    - Hª do Mundo Contemp.
    - Economía
    - Grego I
    - Latín I
    - Matemáticas aplicadas ás CC.SS I


    - Cultura Audiovisual

    - Debuxo Artístico I
    - Debuxo Técnico I
    - Volume

    - Cultura Audiovisual

    - Análise Musical I
    - Anatomía aplicada
    - Linguaxe e práctica musical
    Opta ( 1)
    Antropoloxía- 2ª lingua estranxeira3- Literaturas Hispánicas- Música4Tecnoloxías da información e a comunicación- As de modalidade que conten con profesorado e recursos

    C

    Hª de España- Lingua Castelá e Lit. II- Lingua Galega e Lit. II- Lingua Estranxeira- Hª da Filosofía, Relixión/Activ Estudio


    Modal ( 3)

    - Bioloxía
    - CC. da Terra e Ambientais
    - Debuxo Técnico II
    - Física
    - Electrotecnia

    - Matemáticas II

    - Química
    - Tecnoloxía Industrial II

    - Economía da empresa
    Xeografía
    - Grego II
    - Latín II
    - Matemáticas aplicadas ás CC.SS II
    - Literatura Universal
    - Hª da Arte

    - Hª da Arte
    - Téc. Expresión Gráfico-Plástica
    - Deseño
    - Debuxo Artístico II
    - Debuxo Técnico II

    - Artes Escénicas

    - Hª Música e da Danza

    - Literatura Universal
    - Análise Musical II
    Opta( 1)
    Ética e Fª do dereito- Métodos Estatísticos e numéricos- Xeografía e Hª de Galicia- Fª da Ciencia e da Tecnoloxía- 2ª lingua estranxeira- Literatura Galega do Século XX e actualidade- As de modalidade
    1 As materias en negrilla é obrigatorio cursalas.
    2 As materias de igual denominación e diferenciadas en I e II son progresivas, hai que aprobar a de 1º curso para ser avaliado no 2º curso
    3 É a única materia optativa que se poden facer nos dous cursos de BAC
    4 As materias optativas subliñadas son de oferta obrigada para os centros educativos


    Materia optativa.

    Escollerás unha entre a oferta do centro ou unha máis de modalidade (segundo as posibilidades do centro). 


    ************************************************************************************************************


    Consellos para a elección de materias de modalidade.

    • Para a elección das materias de modalidade revisa os parámetros de ponderación de cada materia en función dos estudos superiores que teñas pensado cursar. Interesa escoller materias que ponderen con 0.2. Terás mais oportunidades de obter maior cualificación na FASE ESPECIFICA da Selectividade (fase que te permitirá elevar a nota de admisión á Universidade). ENLACE A PARAMETROS DE PONDERACIÓN 
    • A consulta da oferta de prazas e as notas de corte poden ser unha información máis para decidir que estudos superiores vas a realizar. Como podes observar no enlace se a nota de corte aparece no apartado de "XUÑO", debes de interpretar que as prazas esgotáronse e que non quedan opcións nese grao para a convocatoria de setembro.  ENLACE PRAZAS UNIVERSIDADE GALEGA E NOTAS CORTE. Se a túa idea e estudar fora do sistema universitario galego podes consultar diferentes buscadores de Universidades para facerte unha idea da nota de corte aproximada que se pide. Algúns podense atopar no seguinte enlace:    BUSCADORES UNIVERSIDADES

    Consellos para concretar o paso de 1º a 2º de BACHARELATO

    Se xa repetiches 1º de BACHARELATO e non te foi demasiado ben, estás a tempo (finais de xuño e primeiros de xullo) para realizar unha prescripción no ciclos formativos de grao medio. Podes solicitar información no Departamento de Orientación ou consutar os ciclos de todas as familias profesionais no seguinte enlace OFERTA CICLOS

    Recorda que podes permanecer catro cursos no Bacharelato por réximen ordinario pero si tes ganas de seguir intentando tes a oferta de adultos nas diferentes modalidades presencial, semipresencial na EPA Eduardo Pondal  e a distancia no IES San Clemente

    Ao finalizar 2º de BACHARELATO, unha vez superadas todas as materias obterás o Titulo de Bachiller que da opción a dúas vías académicas: 

    1-FORMACIÓN PROFESIONAL. Ciclo Formativo de Grao Superior.

    Tes un montón de ciclos formativos que te poden interesar. No seguinte enlace podes consultar toda a oferta formativa clasificada por Familia profesional. OFERTA CICLOS
    Logo de rematar o ciclo obtés o Titulo de "Técnico Superior" que te habilita para traballar con un bó nivel de recoñecemento profesional ou para seguir estudando.  

    Recorda que os ciclos de Grao Superior están vinculados a determinadas modalidades de Bacharelato. Por exemplo, se queres cursar o Ciclo de Técnico Superior en Educación Infantil, "preferentemente" deberías de estar cursando un Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais. Cando a demanda de prazas é moi superior á oferta, podes atoparte con que haxa unha "materia preferente" que tes que ter cursada para garantir o acceso ao ciclo (sempre no caso de maior demanda que oferta). Se tes claro que ciclo queres cursar deberías de ter elexido de cara a 2º de Bach a materia que poida ter vinculación a ese ciclo. 

    O Título de Técnico de  Grao Superior da dereito a acceder á Universidade sen necesidade de superar as probas de acceso e que incluso podes obter convalidacións de créditos. 

    Na actualidade existen moitas modalidades de cursar Formación Profesional (presencial, a distancia, réxime ordinario, adultos, ...). Podes informarte de todas esas opcións no seguinte enlace: 


    2- A UNIVERSIDADE, tras superar a proba de acceso. Repasemos a estructura da Selectividade para poder entender como elexir as materias:  

    A fase xeral da proba constará de cinco exercicios:
    • Lingua Castelá e literatura.
    • Lingua Galega e Literatura.
    • Historia de España ou Historia da Filosofía.
    • Lingua estranxeira.
    • Unha materia de modalidade do 2º curso de bacharelato.

    Cada un dos exercicios desta fase terá unha duración máxima dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha. Na solicitude de matrícula deberás indicar:
    • A elección entre Historia de España e Historia da Filosofía
    • A lingua estranxeira escollida entre inglés, francés, alemán, italiano ou portugués
    • A materia de modalidade da que se examinará na fase xeral.
    A fase específica da proba, ainda que ten carácter voluntario, debería de presentarte se pretendes acceder a calquera éstudio universitario con limitación de prazas. Nela o alumnado poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a Fase Xeral.
    Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha cunha duración dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Na solicitude de matrícula deberás indicar:
    • materias de modalidade das que te examinarás na fase específica e que, en todo caso, non poderán coincidir coa materia de modalidade escollida para a fase xeral.

    Nos enlaces das diferentes universidades galegas podes atopar o plan de estudos dos diferentes GRAOS


    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade de Vigo

    Podes ir consultando a oferta doutras universidades españolas no seguinte enlace ou nos buscadores de universidades que te indicamos nas liñas anteriores.

    Universidades Españolas





    No hay comentarios: