miércoles, 14 de mayo de 2014

Sesión de Orientación Académica para 2º da ESO

A Reforma Educativa non suporá cambios na estructura de 3º da ESO de cara ao curso 2014/2015.

Recordade que podedes pasar a 3º da ESO con dúas materias avaliadas negativamente, como máximo, ainda que é importante que non levedes materias pendentes xa que a dificultade dos cursos vai aumentando.

Cursaredes as seguintes materias:


  • Lingua Galega e Literatura
  • Lengua Castellana y Literatura.
  • Lengua Extranjera (Inglés o Francés, a que cursachedes en 1º e 2º como primeira opción). 
  • Ciencia Sociais, Xeografía e Historia. 
  • Bioloxía-Xeoloxía.
  • Física e Química.
  • Matemáticas.
  • Educación Física. 
  • Educación Plástica e Visual. 
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Relixión ou Atención Educativa (recordade que podedes cambiar anualmente esta opción).
Ademais teredes unha hora de atención directa co titor/a: TITORÍA. 

Na folla de matrícula atoparedes 3 materias optativas das que teredes que escoller 1. As opcións son: 

  • 2ª Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés).
  • Cultura Clásica 
  • Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. 
No próximo curso poderedes escoller cursar "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia" en "Francés". É fundamental que se queres escoller esta opción curses "Francés" como materia optativa.

Recorda que para promocionar a 3º da ESO tes que ter, tras a convocatoria de setembro, todo aprobado ou como máximo dúas materias con avaliación negativa. Estas materias deberás de recuperalas durante o curso seguinte. 

Xa o comentaremos o próximo curso pero os adianto que para pasar a 4º as materias de Física/Química e Bioloxía/Xeoloxía contan como unha materia. 

Xa sabedes que podedes consultar as dúbidas no Departamento de Orientación ou enviando un comentario neste enlace. 

Animo que está rematando o curso, xa estades un pouco máis preto de obter o Título de Graduado. 

No hay comentarios: