domingo, 1 de junio de 2014

DILEMAS MORAIS


Un dilema é unha situación real ou imaxinaria, na que entran en conflicto dous valores morais, ante a que se debe elexir unha forma de actuar. Aqui vos deixo un dilema imaxinario para que poidades reflexionar.  

UN CASO DE ROUBO


No instituto estánse a cometer toda unha serie de roubos. Os afectados son os alumnos de 1º curso, que foron ameazados con danos maiores se fan algo. Pais e profesores están indignados polo que ocorre, pero ninguén di nada sobre os agresores e polo tanto as medidas a tomar son variadas. Ameazaron con cerrar o instituto e con facer rexistros a todos os alumnos.

María, alumna de 3º, coñece aos ladróns. Son alumnos de 3º e 4º, e quen os capitanea é amigo dela. Comentou co seu amigo que está moi mal que lles rouben e, sobre todo, que os ameacen; o ladrón díxolle que se metera nos seus asuntos se quere que sigan sendo amigos.

María estase a plantexar se debe dicir o que sabe para que termine dunha vez esta situación desagradable para todos. Pero se os denuncia, seu amigo, que está considerado un bo alumno, será expulsado dada a gravidade dos feitos, se cala o dano pode ser peor e afectar a todos.


Preguntas sonda:

  • ¿Debe calar María?
  • ¿É superior o ben xeral de todos a calquera ben?
  • ¿Estaría ben acusar ó seu amigo?
  • ¿É xusto pagar entre todos os danos do centro?
  • ....

No hay comentarios: